Book trailer XI: "O carteiro de Bagdad"
/en Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos/por bretemasABC3D
/en Tipografía, Vídeos/por bretemasO gol de Diego Costa
/en Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos/por bretemasVídeo da TVG, vía celtacampion.
Por que non les isto?
/en Lectura, Publicidade, Vídeos/por bretemasVía: Espazo de lectura.
Expertos versus creación colectiva
/en Internet, Literacidade, Vídeos/por bretemasGallo, citando este artigo de Newsweek (“A venganza dos expertos”), onde se suxire que os contidos xerados polos usuarios de youtube ou da Wikipedia axiña serán substituídos polos contidos xerados e asinados polos expertos en cada eido do coñecemento, recolle dous exemplos da primeira da tendencias: a Knol de Google e o BigThink.com (o chamado “youtube das ideas”, onde se presentan entrevistas con destacados intelectuais e investigadores de ámbitos concretos.). Como exemplo da segunda, a baseada na creación colectiva, Gallo propón este vídeo de Charles Leadbeater para presentar o seu libro We Think, no que se desenvolve a idea de creación colectiva (“niño de ave”). O debate que propón Gallo é interesantísimo, xa que sitúa a reflexión sobre a calidade do contido publicado en Internet que, ata agora, e a diferencia do contido analóxico (das enciclopedias en papel) non estaba canonizado pola “autoridade” dun único editor.
Non hai dúbida que o modelo da Knol (aos poucos exemplos publicados nos remitimos) intenta mellorar a calidade do contido e da edición visual dos artigos da Wikipedia, aínda que abre moitos interrogantes sobre a súa viabilidade (aparecerá publicidade) e sobre a posibilidade do control que sobre o coñecemento puidera introducir.
Como tampouco, hai dúbidas que a creación colectiva en Internet, defendida por Leadbeater, pode achegar froitos moi positivos utilizada no mundo non virtual (sexa nas escolas, nas empresas ou na organización das cidades). A tese de Leadbeater non pode ser máis ilusionante e esperanzadora: “as novas formas de colaboración creativa en Internet anuncian a chegada dunha sociedade onde a participación sexa a idea dominante”.
Seguiremos estes dous fíos tan suxestivos.
Adeus, John Balan
/en In memoriam, Vídeos/por bretemasIraq e Internet
/en Dereitos_humanos, Internet, Vídeos/por bretemasHoxe que se cumpren cinco anos do comezo da guerra de Iraq, merece a pena reflexionar con este longo documental (en dez vídeos) preparado por un internauta arxentino só con imaxes dispoñibles na rede, algunhas delas gravadas por soldados americanos e británicos participantes na invasión. Algunhas, por coñecidas non son menos impactantes e grotescas; outras (moi duras, como as do segundo e o terceiro), para min inéditas, deixáronme cao. A pesar das declaracións de Aznar, esta vergonza para a humanidade continúa. Como darlle unha oportunidade para a paz? Estes vídeos amosan, ademais, as posibilidades da rede para desvelar o que se nos trata de ocultar.
Cifras e letras en Telemadrid
/en Humor, Televisión, Vídeos/por bretemasOs filmes de Agustín
/en Beizóns, Blogs, Cine, Vídeos/por bretemasBeizóns a Martin Pawley que cumpre os seus cinco primeiros anos de mestre blogueiro. Agasállanos cunha nova sección “Os filmes de…”, comezando cos do mestre Agustín. Hoxe, pois, todos somos dobremente afortunados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.