Postal de Natal
/en Publicidade, Vídeos/por bretemasLisboa editora publicou este vídeopostal para felicitar o Nadal ao profesorado. A verdade é que o resultado non é moi orixinal. Porén, quedámonos coa idea de empregar este formato no sector editorial.
Vía Blogtailors.
Vía Blogtailors.
Lectura en Quebec
/en Lectura, Publicidade, Vídeos/por bretemasEstoutro vídeo forma parte da campaña de animación da lectura levada en Quebec.
Os murais do Faro
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Publicidade, Recurso_didáctico, Vigo/por bretemasCampaña canadiana de fomento da lectura
/en Lectura, Publicidade, Vídeos/por bretemas
Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l’alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non lemos a imaxinación desaparece»). A Cincenta turrando do goteiro polos corredores , Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias son algunhas das imaxes desta sorprendente campaña de «sensibilización» lectora. Os vídeos da campaña poden verse enlazados desde aquí (por máis que procurei non os din atopado en you tube). Unha proposta que obriga a reflexionar sobre o valor profunda da lectura e da ficción.
Actualización (04-12-2008): Grazas, Ronsel. Claro que o vídeo se pode ver en you tube:
Retrasocero.com
/en Medios, Publicidade, Vídeos/por bretemasEspectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!
Outro mundo posible?
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
Vía Manuel Gago, grazas.
Vía Trafegando ronseis, grazas.
Vivamos coma galegos en Nova York
/en Publicidade, Vídeos/por bretemas
Volve a campaña de Gadis.
«Rush», vídeo interactivo da Volvo Ocean Race
/en Publicidade, Vídeos/por bretemasCoñezo grazas a Julián Gallo, Rush, este impactante trailer do vídeo de promoción da nova edición da «Volvo Ocean Race». A singularidade é que na pantalla aparece un mosaico de catro imaxes sobre as que o espectador pode tomar decisións sobre os protagonistas da aventura. Verdadeiramente novidoso este relato interactivo. Outra posibilidade da nova ficción dixital.
Enganchamos na páxina o trailer promocional existente en youtube. Para ver o vídeo completo mellor enlazar aquí.
Enganchamos na páxina o trailer promocional existente en youtube. Para ver o vídeo completo mellor enlazar aquí.
Pó dos livros
/en Book_trailer, Librarías, Portugal, Publicidade, Vídeos/por bretemasEis como se anuncia na rede a libraría Pó dos livros. Un novo tipo de booktrailer. O blog desta libraría independente é magnífico, sobre todo a utilización dos vídeos e da música.
Tirado de Blogtailors.
Tirado de Blogtailors.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.


