Penúltimos
É incuestionable que en cuestión de lectura o cambio non chegou a Galicia e seguimos recuando (non esquezamos que hai anos case chegamos a estar na metade da táboa). Unha realidade que pretende modificar o Plan de lectura en elaboración (onte tivemos unha nova reunión da comisión redactora). Elevar o índice de lectura da cidadanía, fomentar a lectura con especial atención de lectura en galego, mellorar a presenza social do libro e a lectura e favorecer a formación dos mediadores da lectura son os catro grandes obxectivos deste plan que pretende, tras a aprobación da Lei do libro e a lectura antes do verán, iniciar unha grande mobilización social (a famosa “insubmisión lectora”).
Creo que mais que lamentarse seguido e verse ao embigo nos interminables debates cainitas sobre o estado do noso sector editorial (onde hai xente que manexa sen pudor moitas falsidades), o primeiro reto do sector do libro é o de promover o beneficioso hábito da lectura na sociedade galega. O demais é seguir dándolle voltas a un muíño que non move vento ningún.







