[Ángel Gabilondo, «Darse a la lectura», RBA 2012]
Onte 269: O Celta co galego
/en Celta de Vigo, Deporte, Filosofía, Lingua, Onte, Vigo/por bretemasBalaídos fala galego dende hai décadas. O serán do ascenso foi outra manifestación da lealtade e respecto do Celta co noso idioma, xa que a lingua galega foi a vehicular na festa do ascenso. A cartelaría e sinalética, as intervencións do animador, dos membros de «A Roda» e do resto dos grupos musicais, foi todo en galego. Outrosí sucedeu coas entrevistas da maioría dos xogadores galegos na TVG ou a presenza de bandeiras galegas no campo, mostras de que o noso equipo ten raíces moi ben chantadas na terra. Este Celta galego é unha fachenda para todos.
Onte 266: Contrato cos ausentes
/en Filosofía, Medios, Onte, Recurso_didáctico/por bretemasAs entrevistas da Última da edición impresa de La Vanguardia adoitan ser memorables. Onte non desmerecía a que publicou El País con Daniel Innnerarity. O filósofo vasco poñía o dedo sobre a chaga para diagnosticar o tempo presente con algunhas afirmacións luminosas que merecen ser arquivadas: «O que non entendo é como non nos mandan a paseo as xeracións máis novas ao descubrir que a nosa burbulla inmobiliaria ímola pagar coa súa educación. A isto chámoo a ditadura do nós ou a consideración do futuro como vertedoiro de lixo do presente. Debemos buscar o contrato cos ausentes, fuxir da tiranía do aquí e agora». En días de posible rescate e de durísimas hipotecas que pagarán as xeracións máis novas, as palabras do autor de Una esperanza política son unha referencia moral e unha proclama de indignación cidadá. Non está de máis, recoñecer a complexidade actual da gobernanza do mundo, cando os financeiros rouban a soberanía.
Onte 71: Que facer?
/en Filosofía, Onte, Política, Sociedade/por bretemasO artigo de Slavoj Zizek sobre os indignados de Wall Street amosa que vivimos unha crise moi profunda do capitalismo. Lin con moito interesese o suxestivo artigo do filósofo esloveno a partir do que achego tres reflexións. Primeira: a esquerda occidental ten o deber de pensar alternativas para un sistema que non pode funcionar sen Wall Street. «Que facer?», a pregunta leninista da nosa mocidade, volve ser a clave para saír deste tempo de incertidume. Segunda: no momento actual, o «silencio activo» é a primeira resposta para evitar o perigoso abrazo do oso daqueles que finxen apoiar ao movemento indignado coa intención de diluír a súa proposta anticapitalista. Terceira: precísase tempo para encher o baleiro de contido creado polas actuais protestas, aínda que non hai dúbida que vivimos un tempo de apertura cara «o novo». Ás portas do 20N e coa prima de risco nos alturas, en Galicia precisamos recuperar o compromiso político da cidadanía.
Realidade líquida, entrevista con Zygmunt Bauman
/en Autores, Entrevistas, Filosofía, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
Interesantísima entrevista [en español] co filósofo Zygmunt Bauman arredor dos conceptos de realidade e modernidade líquida.
Vía Manolo Area.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.