Batume, blog de Manuel Lourenzo González
/en Autores, Blogs_e_libros/por bretemas«Diario Cultural», magnífico blog
/en Blogs, Blogs_e_libros/por bretemasMagnífico o blog do Diario Cultural da Radio Galega. Convertirase, como xa o é dende tanto tempo o seu programa diario, nun dos referentes da nosa información cultural. Os cortes das gravacións do arquivo do programa constitúen un recurso textual excelente. Beizóns para Ana Romaní e o seu equipo.
Conspiración de lectores
/en Blogs_e_libros, Promoción do libro/por bretemasBlog Day 2008
/en Blogs, Blogs_e_libros, Efemérides/por bretemasHoxe é o Blog Day e como é adoito en semellante día corresponde recomendar cinco blogs de diversas comunidades e linguas. Aí vai a miña proposta deste ano para seguir tecendo a rede de blogs e libros:
- Cadeirão Voltaire (non confundir co blog de Jaureguizar), interesante blog literario en portugués de Sara Figueiredo Costa, unha das autoras do tamén moi interesante O bicho dos livros.
- Ediciona (o blog dos profesionais do mundo editorial), blog en castelán, informadísimo sobre a actualidade do mundo da edición internacional, con atención especial ao debate sobre o libro dixital.
- Po dos livros, blog en portugués da libraría homónima de Lisboa, contén vídeos de fomento da lectura moi bos.
- La cárcel de papel (diario dun lector de tebeos), blog en castelán de Álvaro Pons, referente inescusable no mundo da banda deseñada.
- Blogtailors (o blogue da edição), blog en portugués dos autores de Extratexto, onde se pode atopar actualizadísima información sobre a edición internacional.
Blog da sección de Crítica da AELG
/en Blogs, Blogs_e_libros, Críticas, Polémicas/por bretemas“Na súa opinión a crítica literaria galega debería contar cos atributos de ser orientativa e non pedante, no caso de que ela existise, pois a súa mesma existencia é posta en dúbida. O sr. Franco Grande, daquela, non infravalora senón que denigra, invisibiliza e despreza o traballo de interpretación crítico e valorativo daqueles que a exercemos, con maior ou peor fortuna, e sempre coa máxima honradez intelectual.”
Benvida sexa na polémica a opinión dos críticos, unha peza clave no funcionamento da nosa literatura e sector editorial. Beizóns para eles e moito pulo para tecer a rede dende este blog colectivo.
Os libros de mañá
/en Blogs_e_libros, Eventos/por bretemasMañá acompañaremos a un fato de bos amigos e a unha mestra blogueira que debatirán sobre “Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes”. Semella moi interesante.
Rede blogs e libros
/en Blogs_e_libros/por bretemasBlogs e libros
/en Blogs, Blogs_e_libros/por bretemasTxetxu volve á carga propoñendo a realización dun censo de blogs relacionados co libro e a lectura. As referencias serán publicados no blog da revista Trama & texturas (que xa prepara o seu número 3).
Actualización (23-09-2007): A referencia de Brétemas.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.