O novo vieiros
/en Beizóns, Blogs, Internet, Medios/por bretemasBeizóns, beizóns! É unha marabilla.
A febre dos blogs
/en Blogs, Educación, Internet, Sociedade, Vídeos/por bretemasVía: Nacho de la Fuente e Periodismo 2015.
Galicia sosego
/en Blogs, Política/por bretemasManuel Sendón: casas doentes
/en Arquitectura, Artes Visuais, Blogs, Exposicións, Sociedade/por bretemasAbsolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das construcións tradicionais concibidas como espazos para ser habitados. O poder evocador da arquitectura. Unha proposta artística para reflexionar sobre o paso do tempo. As posibilidades expresivas do arquivo. Unha mostra dun auténtico mestre na súa madurez compositiva. Beizóns, Manolo!
- Recomendable é, tamén, o recente blog do fotógrafo, onde presenta un completo percorrido pola súa obra dos últimos quince anos.
Homoxeneidade e cervexas
/en Blogs, Internet, Lingua, Vídeos/por bretemasKiko da Silva
/en Blogs, Ilustración/por bretemasSegundo aniversario
/en Blogs, Persoal/por bretemas- Xaneiro: Edición pública (unha miña vella teima para racionalizar a actividade editorial das administracións).
- Febreiro: 23-F (o relato da miña experiencia daquela noite de hai vinte e cinco anos).
- Marzo: Lembranza de don Antón Patiño (a necrolóxica en homenaxe a este libreiro irrepetible).
- Abril: Orgullo celeste (a crónica do triunfo no derbi da primavera).
- Maio: Coda (a miña reflexión tras o rebumbio político no que me vin inmerso).
- Xuño: Os libros arden mal (o meu primeiro paratexto sobre a agardada novela de Rivas).
- Xullo: Cultura e liberdade (sobre a responsabilidade no fomento da lectura que temos os editores e outros profesionais do mundo do libro).
- Agosto: JFK (a primeira crónica da viaxe a NY).
- Setembro: A lectura: eixo do novo modelo comunicacional (unha das miñas achegas ao Primeiro Encontro de Blogs e Libros celebrado en Madrid).
- Outubro: Gústame A Coruña (tras o novo conflito sobre “L”).
- Novembro: Panificadora (evocación dun edificio emblemático da nosa arqueoloxía industrial).
- Decembro: Home se nome (o primeiro vídeo que subín ao you tube).
As cinco anotacións máis comentadas do ano foron:
- Entrevista a Teresa Moure.
- Dylan na Morgan.
- Tempo de Samaín.
- Discreción.
- O meu mapa íntimo de librarías.
Este ano foi, tamén, o da introdución dalgunhas pequenas melloras no blog. Primeiro foron as etiquetas de Technorati, logo a da subida dos vídeos, máis tarde a instalación dun contador, e, tras o cambio á nova versión de blogger, a introdución de marcadores temáticos. Son consciente da necesidade de continuar con outras melloras que permitan ou favorezan as formas de compartir o contido, mais o tempo do que dispoño é limitado. Ademais de bloguear hai que ler, traballar e vivir.
A morriña no blogomillo
/en Blogs, Eventos/por bretemasAborrezo a nostalxia polo tempo pasado, unha actitude xeralmente paralizante e moi pouco eficaz para construír un futuro incerto. Tecer e ganduxar a rede de blogs galegos como se ten feito, en apenas tres anos, é un éxito colectivo que nos debería de encher de orgullo a todos os que participamos dunha ou doutra maneira neste patchwork. No entanto, proporcionar consistencia e maior participación ás pequenas comunidades temáticas transversais (blogs políticos, culturais, gastronómicos, científicos…) ou aos grandes puntos de encontro son novas e moi produtivas tendencias no blogomillo –a pesar de que como fenómeno morreu e debemos aceptalo, “blogomillo” continúa sendo un termo eficaz para referirse aos blogs publicados en galego– que deberían constituír o eixo das nosas preocupacións moito máis que esa paralizante morriña sobre un tempo pasado que nunca máis se vai repetir.
O crecemento imparable do blogomillo e a modificación vertixinosa do propio soporte (cando morrerá, tamén, a escrita blog tal como hoxe a coñecemos?) son circunstancias que requiren novos tipos de análise e reflexión menos complacientes que as empregadas ata agora. Creo que chegou o momento de que todos os blogueiros galegos interesados nos xuntemos, ao xeito dun Primeiro Congreso dos Blogs en galego, para analizar e reflexionar devagariño de ónde vimos, ónde estamos, cara ónde queremos e podemos ir co noso blogomillo. Ademais, teriamos a oportunidade de compartir cervexas e longos parrafeos entre tanta boa xente.
Uso educativo dos blogs
/en Blogs, Educación, Slideshare/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.