Poema de hoxe 72: «Homenaxes á auga» de Erín Moure
Na remolacha hai algo de terra.
Algo de humidade
Algo de humildade
algo mineral. E auga.
Erín Moure, Teatriños ou Aturuxos calados (Galaxia, 2005)
Poema de hoxe 72: «Homenaxes á auga» de Erín Moure/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Traducións/por bretemas
Na remolacha hai algo de terra.
Algo de humidade
Algo de humildade
algo mineral. E auga.
Erín Moure, Teatriños ou Aturuxos calados (Galaxia, 2005)
Poema de hoxe 71: «Nunca imaxinei» de Helena de Carlos/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
NUNCA IMAXINEI que nas cociñas
o silencio ocupase o lugar das olas e do caldo,
Helena de Carlos, Vigo (Galaxia, 2007)
Poema de hoxe 70: «Texas» de Alberto Avendaño/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Compartín onte con Marilar Aleixandre a tertulia política d’ A Crónica da Radio Galega, onde como tantos outros mércores debatemos cos xornalistas Fran Espiñeira e Ánxel Vence. Todos abeizoamos a Marilar pola súa candidatura para cubrir a cadeira de Xosé Neira Vilas na Academia Galega, o que supón un merecidísimo recoñecemento para a súa traxectoria como escritora en lingua galega e como unha das científicas máis destacadas da nosa cultura.
Coa entrada de Marilar Aleixandre a Academia gaña o talento literario da autora dun catálogo amplísimo, narrativo, poético e ensaístico, con obras extraordinarias como Teoría do caos, A expedición do Pacífico, A Cabeza de Medusa ou Ovella descarreirada, mais tamén a súa experiencia internacional como membro da xunta directiva do IBBY, o seu compromiso como veterana activista feminista e ecoloxista, a súa experiencia política, como o coñecemento profundo que como catedrática de Didáctica das Ciencias da USC ten do mundo educativo e do método científico. Sen dúbida, a de Aleixandre é unha grande incorporación para a dinamización da institución de Tabernas que semella decidida a recuperar tanto tempo perdido.
Poema de hoxe 69: «RECOÑÉZOME na dúbida» de Xiana Arias/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Poema de hoxe 68: «Pensar é escuro» de Luisa Villalta/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Poema de hoxe 67: «As palabras soben e baixan» de Luís González Tosar/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
resoan na estreitez das rúas,
fanse luz e, a veces, até son felices,
Luís González Tosar, Estúrdiga materia (Galaxia, 2008)
Fomos ver con moita curiosidade Brookyn, a película irlandesa de John Crowley, escrita polo meu admirado Nick Hornby sobre a novela homónima de Colm Tóibín, a quen coñecimos intervindo en galego na entrega do último San Clemente. Un melodrama de fasquía clásica sobre a épica da emigración irlandesa a Nova York, apoiada pola Igrexa, a comezos dos anos 50, outra variante das mil fitas sobre o soño americano. Unha historia circular, sostida sobre unha interpretación chea de magnetismo de Saoirse Ronan, mantén o engado dunha película exenta de riscos narrativos. Apenas o peso da saudade e a vertixe emotiva provocada por un regreso obrigado constitúen os conflitos principais dunha narración de espírito inequivocamente romántico, factura correcta e, sen dúbida, sobrevalorada como candidata na recente edición dos Oscar. Xaora, non estaría de máis para o cinema galego intentar emular a fórmula de Brooklyn para contar a nosa epopea da emigración americana. Podería encher as salas.
Poema de hoxe 66: «Vaiamos irmana, vaiamos dormir» de Fernando Esquío/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Vaiamos, irmana, vaiamos dormir
nas ribas do lago, u eu andar vi
a las aves meu amigo.
Fernando Esquío (século XIII)
Poema de hoxe 65: «Maruxía» Francisco Álvarez Koki/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
