Carrilanos en Verín

Os milleiros de pulmóns feridos polo mal da vía (a silicose), o papel da Pasionaria Blanca (tamén chamada a “Desenterramortos”), afolga de Ourense do trinta e dous ou a morte do enxeñeiro Fernández-España foron recordados nun acto, onde a señora Lola de Pedroso e o seu home Herminio (ambos os dous na foto, durante o acto) vivificaron o romance de “Pepe de Veiga de Nostre” e as “Coplas do 20 de maio”. A axuda de Xosé Lois Foxo, de Merche de Leilía e de Eloi Domínguez (concelleiro do BNG de Verín) foron vitais para que o acto acadase unha grande brillantez.

Etiquetas: Xerais, Ferrocarril, Galicia
Falas da axuda de Xosé Lois Foxo.
Este personaxe é curioso, moi curioso. Por unha banda anda a facer recuperacións tradicionais de temas da súa zona, e por outra ten montada a que ten montada. Non acabo de saber cal é o que pensa este home… non, non sei…
A que se está liando con tanta recuperación xunta. Non hai nin tempo nin cartos para seguir todo este fenómeno de cultura propia. A identidade propia xa non cabe dentro do ego dun… supoño que será para crear un ego colectivo… non si?