BNG

Este artigo de Antón Baamonde e estoutra anotación de Pablo Eifonso son dous textos moi clarificadores que axudan a comprender as razóns das formas de entender o exercicio do poder que parecen preferir algúns dirixentes do BNG.

Etiquetas:
13 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O pretendido “xiro ao centro” que refire Antón Baamonde está cada vez máis claro que é un engado, unha efectiva manobra de distracción (nunca mellor dito) e unha desculpa interna para que, 22 anos despois de se dar o último debate de calado, o BNG non comece dunha vez a debater, desde a esquerda e o progresismo que lle é inherente (ou o BNG simplemente non será), que demos é o que lle ofrece ao País que é hoxe Galiza (ou mellor, ao que vai ser dentro duns anos, que todos temos en mente e vemos como case seguro).

    Case toda a militancia, toda a afiliación, parte do electorado e os altofalantes mediáticos do nacionaismo, seguen narcotizados co debate sobre a posibilidade de que o BNG poida botar o palangre no “centro (que é todo el) galeguista” ou no “centro-dereita”. Afirmar que se é “tremendamente moderado” ou que hai que superar a dialéctica “esquerda-dereita” forma parte da mesma estratexia dirixida a que o BNG pesque no antigo electorado do PP e gañe así independencia a respecto do PSOE.

    Pero ese pretendido antigo votante da terceira idade, rural e galeguista do PP está a anos do uz do que é o BNG, onte e hoxe, a pesar de algúns comportamentos políticos novidosos e de festas como a do Carbaliño. O BNG non colleita votos de forma masiva nese electorado, quitando algunhas excepcións moi localizadas de esfarelamento do PP alí onde o PSOE non ten peso, véndose claramente superado por este de forma xeral. (No ámbito novo, urbano e “tan gallego como español” o BNG xa non pescaría votos nin de coña). Esta estratexia cae polo seu propio peso, e aos datos debemos remitirnos: nin desde unha posición de poder como a que se ten hoxe na Xunta (sexamos realistas, a máxima que pode chegar a ter a medio prazo) conseguiu o BNG mellorar electoralmente, nin está en condicións de facelo até cando menos as próximas eleccións xerais de dentro de 5 anos. (Diría sen temor a equivocarme que nas vindeiras autonómicas e municipais non vai variar moito o reparto de poder entre os membros dos bipartitos, nin van haber grandes perdas do PP).

    Non son bos tempos para a lírica (vivimos quendas prosaicas), pero un “entorno intelectual débil” e a “levidade do proxecto” non poden ser desculpa para o BNG non enfrontar urxentemente o debate permanentemente adiado: a imprescindible elaboración dun novo discurso político claro e actual que lle ofrecer á cidadanía: unha oferta electoral que sen deixar de se nacionalista/galeguista sexa progresista e de esquerda, unha oferta de masas pero non “para todos/as”, ou sexa, unha oferta de corte socialista (ou socialdemócrata se se quer). Hai acaso outra posibilidade “en todo o hemisferio occidental”?

    Isto probablemente leve aparellado necesariamente un conflito interno, que a experiencia demostra que só xurdirá cando electoralmente haxa un pau considerable, pero sempre que se dean algúns condicionantes hoxe por hoxe inexistentes:

    – Un sector crítico máis homoxéneo e activo arredor dun único proxecto de máximos para a modernización do BNG.

    – Líder claro desta liña, que nin se enxerga, a menos que consideremos a algún veterano nese papel.

    – Ruptura do falso modelo de frontismo realmente inexistente. Este debate interno está intrínsecamente unido á oferta que se quer dar á cidadanía. Há de aparecer antes que tarde, pois o pretendido gaño de pluralidade da última Asemblea está claro que non pasa de ser un argumento de consolación fronte á evidencia de que a vida interna do BNG está morta e ben morrida. Perda de democracia? Sen dúbida que si. Pero non por falta de asemblearismo, senón por falta de ideas e de debate.

    Agora ben, existiría outra posibilidade: que o actual líder e o seu círculo (ou rombo) inmediato baixaran á area política do BNG e apostasen por algún proxecto diferente ao que torna “radicalismo xestual” en “pon a man así”. Eu, particularmente, xa nunca acreditei nesta hipótese, e hoxe menos que nunca.

    Mentres todo pasa e nada acontece, algúns estrategas frotan as mans pensando en ducias de milleiros de votos “de centro” dóciles e serviciais, non como algúns incómodos restos de militancia crítica e inconformista. Mentres, o goberno da Xunta énchese de “modernos profesionais urbanos” a maioría dos cales proceden ou da Universidade ou da propia Administración, adoecendo até os máis brillantes dun coñecemento dun mundo asombrosamente máis real e amplo do que coñecen (non o do profesorado, non o do funcionario, non o do sindicalista)… en definitiva, un mundo que lles posibilite gañarse o recoñecemento e a simpatía de amplos círculos sociais tradicionalmente alleos ao nacionalismo (empresariado, asociacionismo), pero con formas políticas novas, co recoñecemento dun bo facer e non mediante o mesmo sistema de compra de vontades de sempre. Mentres, a acción de goberno está impulsando o servilismo cos poderosos (Caixa Galicia, REGANOSA, Courel, Serrabal) e a captación cara a si das vellas redes caciquís de base localista dependente dos contratos coa administración e que outrora pertenceran ao PP.

  2. Colazo
    Colazo Dice:

    “¿cómo puede el BNG abrirse a abogados, médicos, ejecutivos y a toda clase de profesionales urbanos, lo que necesita para su supervivencia futura, y al mismo tiempo no entrar en conflicto con las exigencias de un aparato de baja calificación pero que tiene sus propias exigencias, amén del control de la organización?”
    moi clarificativo o Sr Antón Baamonde si …

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Abraiante e certeira a descrición de anónimo un. Cara onde vai ó BNG? Qué diferencia hai entre o PP e o BNG? Que po´lítica absurda e vergoñenta esta´na a facer na Xunta? Por qué continúa Antón Losada? Por que esqueceron ó pai Beiras? Que diferencia hai entre bailar con Baltar ou con Anxo Quintana?
    Se alguén non bota man do BNG,vaise esfarelar….

  4. Lugués
    Lugués Dice:

    Tocante a Vigo, ou a calquera cousa, quizá conveña non deixarse levar polo primeiro titular ata a que a segunda parte non sexa publicada.

    Nótese a pasaxe “Asegura que la cantidad de 800.000 euros no es “desorbitada” porque se enmarca en los 3,5 millones previstos dentro de la alcaldía”. A min eses números maréanme; pero todos. Á marxe de seren ou non adecuados.

  5. SI ANTONCIÑO SI
    SI ANTONCIÑO SI Dice:

    O mellor seria nombrarte a ti. Ti que eres o más listo de todos. A ver si te lee Touriño ou Zapatero e danvos unha subvención ou un carguiño. Por que todo este conto que vos traedes, non é que ao BNG non se lle poida criticar, nin que non faga cousas criticables, senon que sempre vedes a palla no mesmo sitio e as noticias teñen sempre o mesmo enfoque amolar o BNG, E PARA DISIMULAR CRITICAS MOI SUAVES OS DEMAIS. EU XA VOS COLLIN O FIO.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O problema é que en Vigo non quremos paga-los gastos suntuarios de dous alcaldes, xa abondo temos con un. E o Sant que deixe de pedir cousas que parece que lle fixo a boca un frade. Cada día que pasa perde votos con esa actitude trileira que ten. O santi Domínguez este ten que se decatar de que perdeu preto de dez mil votos e que é a última forza po´lítica do concello e que estivo a piques de quedar na oposición porque Corina Porro sacou case o dobre dos votos que “o antiguo” e “o trileiro”.

  7. Lugués
    Lugués Dice:

    Vista desde fóra con algunha atención e interese, Vigo resulta unha cidade ben curiosa; auténtica depredadora de políticos, sempre hai algún grupo profundamente incomodado con alguén. Seguramente iso ten moito que ver coa famosa vitalidade social, pero probablemente no exceso se acoche a miúdo intención deliberada.

    Un clásico en tal panorama é o antibloquismo. Xenerosamente representada no ámbito presente, tal tendencia ideolóxica experimentou considerable desenvolvemento a partir do mariñato, a súa conclusión e (diría eu) corolarios. Non faltando visión apocalíptica -en relación co Bloque, parece inevitable a expresión constante de voces agoirando catástrofe- máis de tres e de catro agoiraron durante meses/anos que no 2007 o BNG quedaba en dous ou tres concelleiros; libraba daquela da severidade Santi Domínguez: e duroulle ata que foi proclamado candidato e se converteu en nova diana das vellas iras.

    En fin: en Vigo aplícase o acordo nacional PSOE-BNG. Entra nel como elemento relevante a visibilidade política das dúas forzas e existencia dunha tenencia de alcaldía forte; sen que iso implique duplicidade, senón distribución. Como parece que hai que puntualizar cousa a cousa, extracto de novo o artigo marcado anteriormente como enlace: “Santiago Domínguez explicó ayer que destinará la partida “no sólo a gastos de representación y a protocolo” sino a organizar el bicentenario de Vigo, a encargar el proyecto de remodelación de Balaídos, a poner en marcha la reforma del servicio del bonobús planteado en la campaña así como la candidatura de la ciudad como sede de la universidad”.

    Igual é boa maneira de gastar os cartos, igual non; os de Vigo decidirán, iso si, todos ou a maioría, non só os que escriben aquí utilizando o plural para expresar as súas ideas. Para min tres millóns e medio de euros, ou oitocentos mil nesa cifra incluídos (que non engadidos), resultan cifras, xa digo, mareantes; é ben certo que vivo nun lugar onde hai menos gastos.

    Quede tamén claro, porque eu claro o teño: cando o Brétemas critica aspectos do BNG, léoo como argumentos de alguén a quen lle doe o nacionalismo; e a este boa falta lle fai a crítica, nomeadamente nunha cidade coma Vigo, onde ignoro se se esvaeron os ecos de certo lamentable asunto interno acontecido ben pouco antes das eleccións. Non teño a mesma perspectiva con respecto a outros. Que teñen todo o dereito a ser anti-Bloque, falar mal só do Bloque e falar do Bloque só mal: conñecéndomos, iso si, o xogo de cada un.

  8. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Lugués. Os datos sonche moi tozudos, por máis retórica pseudopolítica que se lles bote. E o dos gastos de publicidade do BNG en Vigo son algo demostrable, como obvia é a relación entre a axencia Anónimo Publicidad, o orzamento municipal do período 1999-2003 (alcaldía Castrillo) e o BNG. Que algúns vigueses nos escandalicemos de que se aumente desproporcionadamente o gasto público nunha actividade privada como é a da “visualización” dun partido e o comentemos, non ten que ver co anti nada, senon coa constatación do noso cabreo cunha práctica corrupta, deleznable, coñecida e repetida en Vigo, sen distinción de córes.

    Pero ti estás no teu dereito de pensar que todo isto é producto da conspiración universal antibloque e crér que os que criticamos FEITOS e ACTUACIÓNS do BNG vigués, facemos algún tipo de “xogo” que debas coñecer para tranquilizarte.

    As aclaracións de Santiago Domínguez sobre o aquel dos 800.000 euros non son tal. Non sabía que Domínguez ía cambiar a estructura orzamentaria e o que corresponde ao programa “Deportes” (remodelación estadio de Balaídos) vaia a pasar agora a ese novo, orixinal, insólito e inédito novo servizo municipal chamado “tenencia da alcaldía”. O da preparación do bicentenario (2009) directamente acojona, pois todos sabemos que iso se traduce ou ben en publicidade pura e dura, ou ben en achantar outro (enésimo) asesor de tresalcuarto a costa do contribuínte. O do bono-bús directamente non corresponde coa súa “leira” de bi-goberno… senón á área de transportes.
    Créeme Lugués: Castrillo gastou cantidades millonarias en publicidade (como Príncipe no anterior bi-goberno) practicamente na súa totalidade alimentando a unha axencia de publicidade vencellada ao Faro de Vigo chamada Anónimo Publicidad: a mesma que realizou unha costosísima (modelo: en mi casa no hay miseria) campaña eleitoral para Santiago Domínguez. Non sei como lle pagarían por este choiazo. O que si sei é canto lles pagaron anteriormente con cartos procedentes dos meus impostos… e ata ti mesmo deixarías un segundo a retórica laxante para escandalizarte.

  9. Lugués
    Lugués Dice:

    Señor Eifonso, algunha vez teño ponderado positivamente a súa actuación como analista; non me parece ter merecido a utilización, pola súa parte, de metáforas con suxestión metabólica mal compadecentes co respecto ás persoas e unha certa presunción de inocencia. Pero deixemos a retórica xa que o prefire, malia usar persoalmente dela sen reparo.

    Que o antibloquismo -como corrente transversal- existe, paréceme evidencia notoria; entre outras cousas, ofrece indicio de ter algunha relación con ela quen adoita concentrar os seus dardos -exclusivamente, ou con particular xenerosidade- sobre a aludida organización política. O antibloquismo é orientación e práctica lexítima; ora ben, tamén o é sinalalo alí onde está.

    Vigo. Con respecto a esa cidade eu teño poucas certezas; unha delas -valla o aparente contrasentido- é a intuición de que se nalgún lugar ten plena vixencia (con mostras, mudanzas, turbulencia) a consideración de que ninguén é totalmente bo nin totalmente malo, totalmente culpable nin totalmente inocente, ese lugar é Vigo. Ninguén é totalmente malo, sr. Eifonso, nin o PP, nin o PSOE, nin o BNG nin o Clube Financeiro, se me permite; ninguén é totalmente bo nin inocente, estou convencido: nin sequera Vigoblog, esa ferramenta internética confeccionada con singular pericia.

    Vde. faime o favor de situarme (deduzo, e desculpe a liberdade) no bando dos entusiastas incondicionais do Bloque, disposto sempre xustificar os seus excesos; por certo, aspecto único da política deste grupo sobre o que eu tiven nunca ocasión de lerlle comentarios. Considera pseudopolítica a miña expresión, que polo visto tería obxectivo, máis ca analítico, de autofornecerme tranquimazín ideolóxico ou munición de efecto intestinal (grazas por aludir ao recto como vía de saída, podía ser peor a suxestión inversa).

    Direille, se me quere crer, que non pretendo enganarme: hai aspectos da alcaldía Castrillo (área metropolitana, transformación de espazos urbanos…) que me pareceron de agradecer como cidadáns e que conectan moi ben coa miña visión do urbanismo e do país; outros, coma o proceso PXOM, que non vexo claros canto ao modelo, aínda que os argumentos esgrimidos polo equipo redactor non me parecen sen sentido; canto ao que me di da propaganda, sen crelo nin deixar de crelo non lle digo que non: nin bos nin malos, insisto, e menos na selva.

    Pola contra, teño a Santiago Domínguez, polo visto ata o momento, coma político valioso e que acreditou capacidade de xestión. Dos números falou el, vostede non o cre e eu vou agardar; tamén falou de proxectos, vostede directamente -di que pola experiencia- deduce o peor e eu vou agardar; a estrutura de goberno responde a un acordo político nacional, guste ou non, e eu non teño de momento máis que dicir. E, desde logo, a campaña electoral de Bloque, barata ou cara, pagouna o Bloque mentres ninguén traia indicios terminantes -máis terminantes ca o “non sei como”- de que llelo fixeron gratis ou saldado; xa era o único que faltaba.

    Vexo que ao final isto foi longo, non sei se pseudopolítico e considerablemente retórico. Preséntolle por iso, sr. Eifonso, a miña escusa. En confianza, direille que parte da culpa a leva a súa maneira de tratarme, máis ca viva ao mellor con exceso de liberdade (aínda que algún paisano diría se cadra “botaporela”), e que espero non prodigue no trato diario nin cos seus amigos. Igual isto que lle digo lle parece un pouco antigo, pero cada un é como é.

  10. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Benquerido lugués:
    As súas palabras non me soan antigas, non. O do antibloquismo como [lexítima] “orientación e práctica política” sóame directamente a estupidez (perdoando), só superada pola consideracíon dunha “corrente transversal” chamada antibloquismo de carácter “evidente e notoria”.

    Ou vostede discute sobre o fondo do que digo e se deixa de monsergas sobre a conspiración universal contra o BNG para evitar entrar en materia, ou eu paso.

    Por exemplo, qué é iso da área metropolitana e da recuperación de espazos urbanos en relación coa xestión do BNG no Concello de Vigo? porque diso res de res, amigo meu. Seguimos cunha mancomunidade cutre de mesa, mantel e paparota e descoñezo se os espacios urbanos aos que se refire son os desa rúa do Calvario ou os do Casco Vello para os que non se consignou nin un só euro/peseta nos orzamentos municipais de 1999 a 2003 (período dentro da alcaldía de Pérez Castrillo). Interésalle realmente as relacións do BNG coa empresa Anónimo Publicidad en Vigo?, do PSOE con Ecovigo we do PP con Canal Uno e Significantia?: dígolle eu que a cousa ten substancia (e números). Un que é anti.

    Non se preocupe polo meu trato diario cos meus amigos: eles gostan moito máis das comidas picantes e especiadas cá da pescada branca fervida.

    Eu, ás veces, cociño así.

  11. Lugués
    Lugués Dice:

    Sr. Eifonso, eu aquí teño un problema insoluble que o meu apelativo indica: nin son vigués nin vivo aí; por moi ben que lle queira a esa cidade, nunha discusión en materia viguesa vostede sempre levará vantaxe e eu non poderei, xa non discutir, simplemente obxectar os seus datos. Tratei de indicalo con escaso éxito, e entón explicítoo por se é motivo definitivo para non perder máis tempo lendo.

    Posiblemente isto está condenado ao fracaso, visto que ten trazado un esbozo sobre a miña persoa (sintetizado en esencia no da “conspiración universal”) que eu non sei se darei removido. De calquera maneira reitero que non considero o BNG coma asediado campión de todo o que é bo e digno; nin teño a alcaldía Castrillo coma un epítome da incompetencia en materia de xestión: lembro ben que desde o primeiro momento o alcalde Lois Pérez salientou a importancia e puxo en marcha un proceso de cara á constitución de Área Metropolitana efectiva que, efectiva e desgrazadamente, non existe aínda a día de hoxe; e estimo execucións altamente valorables tanto a obra da Praza da Independencia coma os traballos de transformación, “humanización” (lamento a palabra, non atopo outra, considérese excluído o compoñente macetil) no barrio do Calvario. Habería outras xestións de importancia (lembro sen moita concreción o traballo da concelleira Gandón en materia de comedores escolares) e non sei, en suma, se ningunha de tales execucións lle merece o beneficio dunha avaliación positiva.

    No outro aspecto, aínda que sexa inutilmente, recobro literalmente a anterior mensaxe: canto ao que me di da propaganda, sen crelo nin deixar de crelo non lle digo que non: nin bos nin malos, insisto, e menos na selva; reitero así mesmo o dito no empezo da presente, afirmando, permitirame, o propio dereito á reserva na acreditación de fontes: dito doutra maneira, ¿por que razón obxectiva debería eu considerar a súa achega non coma unha máis, senón coma a da verdade sen máis? Tema interesante, tamén, sería: é lícito que un grupo político importante manteña relacións preferentes cunha empresa de comunicación? Debe ser iso, sempre, motivo de sospeita canto a acción prevaricadora?

    Vigo é unha cidade extraordinaria; se eu tivese que renunciar á visita e contacto periódico sufriría disgusto e considerable empobrecemento; ten tamén algúns incomodos e un deles é a présa. A présa quero atribuír a súa perentoria expedición de cualificativos, que onde non me deixaría entre a dúbida de se vostede, sr. Eifonso, descoñece a mínima cortesía ou simplemente -por causa que nin se me ocorre- se ve exento de aplicala en relación comigo. Polo demais, pase ou siga, que se revisa as mensaxes verá que eu non o chamei. E reciba a miña desculpa, así coma os seus amigos -que non coñezo- por ter aludido a eles.

Los comentarios están desactivados.