BNG: o valor da unidade e o pluralismo

A primeira reflexión urxente sobre o resultado da Asemblea do BNG, especialmente no que atinxe á composición do Consello Nacional e da Executiva, é que a organización política nacionalista sae moi reforzada polo valor que lle proporcionan a unidade e a asunción democrática do pluralismo. Esta apertura dunha nova etapa dun BNG de todos é unha moi boa noticia, como o son, tamén, a volta á dirección nacionalista de Xosé Manuel Beiras e o feito que nesta Executiva, por vez primeira na historia dunha organización política en Galicia, exista unha maioría de mulleres (8 sobre 15 membros).
Con este resultado o éxito da Asemblea do BNG é indubidable, como o persoal de Anxo Quintana (que conseguiu artellar unha executiva de consenso, moi renovada) e o dos tres grupos críticos (Encontro Irmandiño, Pola Base e Alternativa) que conseguiron unha presenza significativa nos órganos de dirección. O BNG sae da Asemblea en moito mellores condicións que entrou para encarar con maior fortaleza a súa necesaria remontada electoral. Velaí o valor da unidade e o pluralismo, valores que a cidadanía adoita saber recoñecer nas organizacións políticas.

Etiquetas:
3 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non dou entendido a diferencia entre o que hai e o que había.
    Menos mal que “asumen democraticamente o pluralismo”: ¿teñen experiencia en asumilo doutra maneira?

Los comentarios están desactivados.