Beleza imperfecta

Gustei deste artigo sobre a nova arquitectura de Vigo, que aparece hoxe en Babelia. É alentador que esta mirada desde fóra exprese a beleza estrepitosa ou contraditoria dunha cidade revolcada, que tantas veces temos definido como á da abella da ribeira de xenerosidade escueta e latexo acelerado. Unha páxina xornalística que vale moito máis para a proxección internacional da cidade que esoutra propagandística, enchida de tópicos e nécoras, pola que o equipo de Corina debeu pagar estes días un potosí. Sen dúbida é un bo reclamo turístico ese de cidade de beleza imperfecta. Apuntareino na colección de metáforas viguesas que veño recollendo desde hai anos.

2 comentarios
  1. Boedense
    Boedense Dice:

    Coincido contigo. A descrición que fai ABC sobre Vigo responde a uns evidentísimos obxectivos políticos. Semella que Vigo é o que é, simplemente, grazas a ela e á súa Xunta de Goberno. Que fariamos sen ti, Corina?

Los comentarios están desactivados.