O inicio do incendio de Caldas
Debémoslle ao enanomatoon este importante testemuño videográfico do inicio do incendio de Caldas. Etiquetas: Galicia
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
Debémoslle ao enanomatoon este importante testemuño videográfico do inicio do incendio de Caldas. Etiquetas: Galicia
Nas páxinas de deportes de El País aparece hoxe unha reportaxe sobre Borja Oubiña que moito me alegrou. O texto amosa que o mellor futbolista galego da actualidade é tan bo e intelixente rapaz como sólido mediocampista dunha grande proxección internacional. As súas declaracións criteriosas sobre o fútbol actual (adscribíndose ao fútbol de toque e […]
Leroy Gutiérrez publica hoxe unha completa recompilación da bibliografía en español sobre a edición e os editores. Engado algunha referencia (do apartado de memorias de editores) que pode ser de interese para completala: Giulio Einaudi en diálogo con Severino Cesari, Anaya/Mario Muchnik, Madrid 1993. Memorias, Carlos Barral, Península, Barcelona 2001. Pasando página. Autores y editores […]
Moi interesante a entrevista que publica Galicia hoxe con Juan Varela. Coincido con el no diagnóstico do carácter “moi endogámico” da blogosfera galega, o que entendo non fai tanto referencia á cuestión do uso da lingua, como do enfoque da comunidade de blogs. Etiquetas:Blogs, Periodistas21
Xa está en marcha o primeiro encontro de libros e blogs: coincidindo co Liber, o 29 de setembro, ás 10:00. Consultar no wiki para inscribirse e facer propostas. Hai moi boas perspectivas xa que, previsiblemente, haberá máis de vinte participantes. Alí estaremos. Etiquetas:LibrosBlogs2006
No artigo da semana recomendo o último libro de Salvador Rodríguez. Etiquetas: Artigos
(Foto Sangiao, El Correo Gallego) Nin os meus peores vaticinios, de hai menos de dúas semanas, agoiraban este novo desastre. Botámonos a chorar? (Foto Ramón Leiro, La Voz de Galicia) Actualización (23:00 horas): o verquido semella moi perigoso. As autoridades tratan de evitar que chegue aos bancos marisqueiros de Arousa. Agardemos que funcione a coordinación […]
Estes días, a celebración do Blog Day animoume a navegar pola rede fóra da rutina da revisión dos meus feeds do bloglines. Serviume, sobre todo, para actualizar a lista de sitios sobre a edición. E a verdade que foi moi boa a colleita. Algúns dos espazos de interese que atopei foron os seguintes: Sobre edición, […]
Coñecín ao ilustrador Pablo Auladell polo magnífico traballo que fixo para a edición non venal de “Un radiante silencio”, un conto de Agustín Fernández Paz que formará parte do seu próximo libro en Fóra de Xogo. O ilustrador mallorquín mantén un blog onde vai publicando parte dos traballos en marcha. Unha proposta moi interesante. Etiquetas: […]
Manolo Gago fíxome esta mañá un excelente agasallo. Achegoume o enlace do blog de Jean François Fogel (dentro de El Boomeran(g) do Grupo Prisa), onde no máis recente post aparecen diversas definicións de Julio Villanueva (o director da revista Etiqueta Negra) que describen o traballo do editor (de revistas ou libros): «Un editor es un […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
