Entradas por bretemas

Blogues polas lingua

Adherímonos á rede de Blogues pola lingua e ao contido do seu manifesto. Neste momento xa hai máis de oitenta adhesións. Animo a tecer esta rede de traballo compartido en defensa da lingua de todos e todas.

Escritores e blogosfera

Esta tarde estaremos en Ourense participando na mesa redonda sobre “Escritores e blogosfera” que se celebrará dentro da xornada “2.0 A nova ágora galega”. Co vagar do que dispoñamos intentaremos respostar ás preguntas que xa nos formularon dende o blog do evento (unha boa práctica que deberiamos implementar no futuro en convocatorias semellantes). A miña […]

Ser libreiro

Gustei deste artigo de Antonio García Teijeiro en defensa dos libreiros. Recollo un dos parágrafos: “Ser libreiro (ou libreira,claro) significa vivir entre libros. Ser libreiro significa gozar coa parte amable da vida. Significa arriscar, sufrir distintas incomprensións sociais,pero tamén ser feliz coa satisfacción de poñer un libro na nosa existencia. Ser libreiro significa poder ler […]

A mariñeira

A mariñeira, a película de Antón Dobao adaptación do conto “A mariñeira” de Darío Xohán Cabana emitirase o 17 de maio, sábado, ás 16:45 horas na TVG. Paga a pena non perdela. O trailer pode verse aquí.

Atinadísimo artigo de Anxo Lorenzo

Recomendo moi vivamente a lectura do artigo de Anxo Lorenzo sobre “Política lingúística e ‘consenso’ en Galicia?” publicado n’ A Nosa Terra. Non hai dúbida que a actual política que defende o Partido Popular racha o pacto lingüístico acuñado hai máis de vinte anos; mais tamén é moi necesario, como salienta de forma clarificadora o […]

"A cidade e os días"

No artigo da semana presento as características e a significación da nova edición d’ A cidade e os días, o calendario histórico de Vigo de Xosé María Álvarez Blázquez que traducimos para o galego e presentamos onte. Non podo agachar a miña satisfacción. Esta tradución, na que tivo un papel destacadísimo Pablo Sánchez Mato, é […]

Entrevista a Manuel Rivas

Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca: “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de […]

O modelo de préstamo, novo informe da AGE

A Asociación Galega de Editores acaba de presentar un novo informe sobre a modalidade de préstamo do libro de texto de en Galicia. O traballo, elaborado polo grupo PSICOM da Universidade de Santiago, que aborda os aspectos cualitativos do sistema de préstamo, entre outras conclusións salienta que “o 82% dos pais galegos enquisados considera que […]

A Nova Agora Galega

O vindeiro mércores, 14 de maio, estamos convidados a participar pola tarde nun debate sobre a”Escritores na blogosfera”, que se realizará en Ourense no seo da xornada “A Nova Agora Galega“. Un programa ben interesante e, polo que me dixeron, varios centos de participantes. Xa contaremos.