Entradas por bretemas

Nook, o novo e-book de Barnes & Noble

A aparición de tantos novos trebellos de lectura dixital xeralmente xa non constitúe noticia. Porén, este novo aparello presentado por Barnes & Noble, o chamado Nook, creo que achega varias novidades que poden convertelo nun bo rival de Kindle: pantalla a cor para os menús e tinta dixital (branco e negro) para a lectura dos […]

Xabier DoCampo recibirá o sábado unha homenaxe en Vilalba

Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo. Os actos comezarán ás 12:00 do mediodía cunha mesa redonda na que participarán Fina […]

A nosa historia facémola nós

Arquivamos estes documentos dunha xornada histórica. Hoxe milleiros e milleiros de persoas (moitas) construímos un dique cívico para amparar a lingua de todos e todas. Como salientou Xurxo Souto na súa intervención «a nosa historia facémola nós». Manter o actual estatuto xurídico para a nosa lingua e promover a restauración da súa cadea no eido […]

«A deleiba da lingua»

No artigo da semana, con motivo da manifestación de hoxe, recollo a liña argumental de Amin Maalouf sobre a diversidade cultural e lingüística como eixos dunha nova civilidade. Amin Maalouf acaba de publicar A deleiba do mundo (Xerais 2009), un ensaio apocalíptico e ao tempo esperanzado no que identifica as razóns polas que neste inicio […]

IXº Premio de relato curto «Os Viadutos»

Hoxe participamos na entrega da IXª edición do premio de relato curto «os Viadutos», organizado pola concellaría de Xuventude do concello de Redondela e destinado a narradores e narradoras entre dezaoito e trinta e cinco anos. O relato gañador  (1.200 euros) foi «A partida» de Saúl Rivas González, estudante lucense que remata Filoloxía Galega en […]

A señora Laurel

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/7gA2ydHHU7E” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Plena actualidade. Morris e Manuel Rivas, 1986 (que noviños!)

Todos e todas a Compostela co futuro da lingua nosa!

Con todo o noso entusiasmo e maior esperanza estaremos o vindeiro domingo en Compostela para defender o futuro da lingua nosa. Non é este o momento de debater os matices sobre como foi organizada a convocatoria nin tampouco as diferenzas partidarias arredor do proceso de normalización do idioma; hoxe cómpre a maior unidade e xenerosidade […]

Ramiro Fonte, o libro dos amigos

O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, homenaxearemos a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus  poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, […]

Campo do Fragoso LXXXII

ESTE CELTA NON VAI Pepe Murcia e a súa panda de veteráns viaxaron a Vigo coa intención moi clara de impedir que este renqueante Celta de Eusebio confirmase unha certa recuperación diante dos seus seareiros. E abofé que debeu saír satisfeito abondo con este empate que funde ao Celta nas posicións de descenso. Tras a […]