Poema de hoxe 178: “O paraíso das sombras” de Cesáreo Sánchez iglesias
Comezara pola lectura dos recordos que son instante na eternidade do efémero. Cesáreo Sánchez Iglesias, O paraíso das sombras (Biblos, 2009)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6813 entries already.
Poema de hoxe 178: “O paraíso das sombras” de Cesáreo Sánchez iglesias/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Comezara pola lectura dos recordos que son instante na eternidade do efémero. Cesáreo Sánchez Iglesias, O paraíso das sombras (Biblos, 2009)
Que o 80 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936 pasase onte case desapercibido amosa a anemia política que sofre o noso país.O do 28 de xuño foi un fito histórico que supuxo o recoñecemento de Galicia como entidade política,ao tempo que a primeira vez na que o pobo galego decidiu sobre o seu futuro. Unha […]
Poema de hoxe 177: «hai días en que todo o pasado» de Kiko Neves/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
hai días en que todo o pasado queda moi lonxe e o presente queima na xema dos dedos o futuro é un baleiro hai días en que o mellor é quedar na cama Kiko Neves Centoonce (Xerais, 2005)
Non foi doado encaixar na mesma xornada a emoción que vivimos ao mediodía na homenaxe a Camilo Nogueira en Trasalba e a decepción que sofrimos á noite tras os resultados das Xerais. A pesar do teimundo optimismo da vontade, que aprendimos do Camilo, onte custounos moito atopar unha fenda para a esperanza, tras unha clara vitoria […]
Poema de hoxe 176: «Tiven un soño» de Eva Veiga/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
tiven un soño no que aparecías a penas un instante e abondaba Eva Veiga, A frecha azul do teixo (Espiral Maior, 2010)
Nas páxinas locais de Faro de Vigo publicou a miña reflexión sobre o rango de capitalidade para Vigo: Sei que a proximidade das eleccións Xerais e Autonómicas axudou a que o Partido Popular aceptase a emenda de adición do grupo socialista ao texto da reforma de lei da Área Metropolitana de Vigo na que se […]
Poema de hoxe 175: «Metal central» de Alfredo Ferreiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Somos dun metal que se funde, somos dun metal que nos funda, (…) Somos do metal central do mundo Alfredo Ferreiro, Metal central (Espiral Maior, 2009)
Tras o Brexit non é difícil afirmar que as mentiras fan hoxe a historia. Da existencia das armas de destrución masiva, que no cumio dos Azores avalaron a invasión do Iraq e o aniquilamento do réxime de Sadam Hussein, ninguén acredita hoxe, nin sequera algúns dos seus protagonistas. Como sabemos que tampouco son certos, algúns dos reclamos utilizados polos defensores do Brexit, […]
Poema de hoxe 174: «A estación sen ti» de Daniel Salgado/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A estas alturas nada colle nun poema, todo semella tan ancho que soborda a cousa ruín dunha palabra. A estas alturas nada colle nun poema porque desencadeas, amor, a vida aberta fóra do papel. Daniel Salgado, Sucede (Espiral Maior, 2004)
Poema de hoxe 173: «Ironía británica» de Manuel Rivas/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Disque temos unha ironía británica. Mais o noso himno nacional, coa letra d’«Os pinos», supera en todo o «God save the Queen». Manuel Rivas, Os Grouchos (Xerais, 2008)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
