Aniversario de Galicia encantada

O pasado ano dabamos noticia da posta en marcha de Galicia encantada, a primeira enciclopedia na rede da fantasía popular en Galicia. Estes días celebra o seu primeiro aniversario. Dende aquela non fixo máis que medrar e incorporar novos contidos, converténdose xa nun dos espazos máis atractivos da rede en galego. Creo que particular interese teñen os espazos dedicados á investigación e á didáctica da fantasía. Outrosí a consulta de toponimia, de lugares da Galicia desparecida e o adicado aos xogos populares. Reitero a miña recomendación a aquelas persoas que aínda non coñezan sitio tan marabilloso.
Beizóns para o traballo de Antonio Reigosa e o equipo técnico!

A ilustración da meiga dos dentes verdes é de Noemí López.

4 comentarios
  1. O Breogán
    O Breogán Dice:

    Foi dos primeiros enlaces que puxen no noso Blog, e foi de grande axuda como inspiración para o noso xogo en momentos de baixón.
    A verdade é que este tipo de iniciativas é o qe di Acedre: facer País.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Por favor, non usemos a expresión “facer país”, que está xa demasiado prostituida.
    Cada vez que lle escoito a algúen o de “facer país”, rapidamente boto man da miña carteira.

Los comentarios están desactivados.