Análises dos resultados das locais

Entre as moitas análises nos blogs e na rede dos resultados das eleccións locais en Galicia interesáronme unhas cantas que enlazo para o arquivo:

Agardamos o comentario indispensable de dpaso.

Etiquetas: Locais_2007
6 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    hoxe lein os que, como o noso blogger estan en contra do pxom, todos ledos porque o bng baixara en Vigo pola sua posición sobre o plan.
    É o bo que teñen as eleccions, que poñen a cada quen no seu sitio. Os partido a favor do pxom suman 18 concelleiro e os que estan en contra suman 9.
    E xa non entro no que dixo o futuro alcalde que o aprobará neste ano.
    O bonito é como se caean as caretas e se demostra o que a maioria absoluta por goleada dos vigueses xa nos decatábamos:
    Que todo esa campaña contra o pxom do psoe e acolitos (IU,FPG,…) so tiña un propósito:
    Conquerir o que si lograron en Ferrol del Caudillo, que o españolismo campase a suas anchas e que a única forza nacional forase a pique.
    Pois caseque o consiguen… teran que esperar outros catro anos e o mellor teñen mais sorte.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Seguindo tan curioso razoamento deberían gobernar en Vigo os dous partidos que defenden tan teimosamente o PXOM como propuxo onte en radio Vigo Corina Porro? Hai algunha razón política que descoñezo para defender en Vigo que o porcentaxe de Vivenda protexida sexa só do 20% (como establece o documento do PXOM) e o goberno galego (promovido pola conselleira nacionalista de Vivenda) estableza o 40%?

  3. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Grazas, Bragado, pola cita ao comentario electoral en Vigoblog.
    Ao noso anónimo que utiliza tan rigoroso argumento a favor do PXOM: o que case consigue o BNG en Vigo é que goberne outros catro anos a dereita. Esa Corina Porro á que lle entregou a alcaldía votando con ela unha impresentable moción de confianza. Porque se o PXOM era, segundo a versión oficial dese grupo, unha obra magna do BNG á que se sumou graciosamente o PP, ¿como é posible que esa inmensa maioría dos vigueses partidarios do PXOM castigaran así a Santi?

    Pois nada, a ser coherentes e a apoiar outra volta a C. Porro para a alcaldía!!

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Anonimo a Bretemas e Sr.Eifonso: As cifras son teimudas e revólvesen contra os argumentos demagóxicos: 18 concelleiros contra 9 a favor da “magna obra” feita polo psoe,bng e pp do goberno do psoe-bng do tal Castrillo-Principe-Corina ¿ou tamen é curiosa a acta do concello con eses partidos firmado o primeiro borrador do plan. Logo, é ista é a miña (é de moitos) interpretación : o Psoe utilizou o plan para afundir o bng coa demagoxia do binomio que tanto lle gusta o Sr. Eifonso (pp-bng).
    O que me parece incribel é que o bng aguntase con 5 concelleiros e non lle pasase como en Ferrol. Mérito do tal Dominguez e dos que lle votaron.
    En canto a Vigoblog: agora cando aproben o plan e poñan o enxendro do plan do porto, espero velos a manifestación semanal. Anímense porque se se decatan, o partido a afundir ainda ten 5 concelleiros.
    Os vigueses seguiremos reíndonos cos suas actividades. Un saudo sen acritude.

  5. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Anónimo, só podo recomendarche repasar a historia da xestación, elaboración e aprobación do PXOM. Aí están as respostas e, sinceiramente, as conclusións non son difíciles -agás cerrazóns sectarias que non che supoño- de tirar. Estás pouco ou mal informado se crés que o documento de avance do Plan (¿un borrador en planeamento urbanístico?) parécese o máis mínimo ao da aprobación inicial, e trabúcaste tamén se crés que o documento exposto ao público é substancialmente igoal ao aprobado inicialmente. Isto non é unha opinión: é constatable a pouco que se coñeza a documentación. Tamén é constatable que o PXOM non conta con máis informe técnico favorable có dos mesmos redactores de Consultora Galega e, con eses bimbios, malamente se fai un cesto coa suficiente seguridade xurídica.
    Podes seguir pensando que a culpa da caída do BNG está nos outros (finalmente a culpa sempre é do electorado, claro): é a mellor fórmula para continuar a caída.

    O PXOM non pode aprobarse, entre outras cousas, porque sería suicida dende o punto de vista xurídico, con tanta xente e colectivos afiando os seus recursos nos tribunais. Toca traballar para facer, canto menos, un instrumento técnico con garantías… sexa cal sexa o famoso “modelo de cidade”.

    Grazas por lérnos en Vigoblog. Esperamos seguir intentando facer, na medida das nosas capacidades e as nosas forzas, unha comunicacion dende a independenza, e dende o que honestamente pensamos… por certo, agora atrevémonos a dar “consellos” para o pacto municipal en Vigo… esperamos as túas críticas e aportacións.

    Saúdos, naturalmente sen ningunha acritude e no desexo de que o debate e a transversalidade supere esa lacra sectaria ás veces tan común na nosa terra.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Tanto “Flanders” Santi como Corina pasaron a campaña dicindo que o pxom era demasiado importante como para que entrara en campaña e que non se debía falar del. É emocionante ver cómo os seus votantes non fixeron caso e votaron tendo en conta o contrario que lle pediron os seus representantes.

    O binomio pp-bng é unha realidade en Vigo, agora que o bloque renunciou expresamente a ser de esquerdas. O pp sempre mostrouse “galleguista”, basta con que recuperen a Cuiña e poderán aliarse sen problemas.

    Galiza será unha nación, pero unha nación de dereitas.

Los comentarios están desactivados.