Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia

A editorial Alvarellos celebra os seus trinta anos de traballos cun interesante libro conmemorativo no que Quique tivo a deferencia de incluír un meu traballo sobre a evolución da edición galega nos últimos trinta anos. Ten moita razón o editor actual cando expresa que cando comezou o seu pai “a edición era unha tarefa artesanal e hoxe é unha industria cultural”. O chimpo que demos durante este período foi de xigante, non só polo aumento do número de títulos (pasaamos de 187 a 1.800), senón e sobre todo, pola profesionalización do sector e polo aumento do número de lectores e lectoras en galegos. Con todo, para proseguir a nosa actividade os editores galegos seguimos precisando dos azos de fantasía que moveron a xente como don Enrique Alvarellos, cando fundou unha pequena editorial para publicar libros en galego. Beizóns para o traballo de Alvarellos nestes trinta anos! Que veñan moitos libros!

Etiquetas: Alvarellos
1 comentario
  1. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Un bo traballo sen dúbida este libro conmemorativo da Editorial Alvarellos. Que a nova Alvarellos dure outros 30 anos por 3: 90, cando menos.

Los comentarios están desactivados.