A resposta do goberno vigués: evitar aglomeracións

O conflito sobre a celebración do día do libro en Vigo adquiriu tintes alucinantes. O concelleiro de tráfico e seguridade, o que intervén no caso, xustifica a decisión para “evitar aglomeracións“. Este tipo, se estivese en Barcelona, mandaba o exército á Rambla: que fai semellante xentío empuxándose diante desas mesas? O dito: Vigo ou barbarie!

Etiquetas: ,
9 comentarios
  1. Fer
    Fer Dice:

    E umha magoa…
    Entom a logica do concelho é que compre organizar os eventos de jeito que nom interese a gente e nom se acumulem… lendo!

  2. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Alucinante!!! Non sabía nada disto. E cando chegan as eleccións, xa non se lembran das comitivas arredor de Fraga e a xente acumulada en todas partes… Iso era diferente, claro. Por certo, que di dona Corina Porro: só hai unhas semanas vina abrir unhas xornadas culturais en Vigo falando un aceptábel galego e repetindo os tópicos de rigor. E logo téñenlle fobia aos libros?

  3. Pablo
    Pablo Dice:

    acabo de enterarme da noticia, é ben triste. en fin, q corina siga poñendo maceteiros nas ruas e os vigueses todos contentos.
    a corina falando galego? teño q ver iso…

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Un aceptábel galego!… Pero Varcárcel, realmente crés que Corina ten algo que dicir de algo?… cal é a imaxe que tes da Porro? a do Faro subvencionado?

  5. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Supoño que o discurso daquel día llo escribiron e, por suposto, non teño ningún interese en defendela. Pero asegúroche que teño escoitado a moitos políticos falar abondo peor na nosa lingua. En calquera caso, usaba ese dato como contraste co desagradábel lío cos libreiros de VIgo.

  6. Ghanito
    Ghanito Dice:

    A decisión é tan absurda que semella que Corina estivo a facer uso do seu apelido antes de tomala.

    Non é so imperdoable senon tamén incomprensible.

    ¿Vai pechar Balaidos? Porque nunha carpa con libros pode que haxa aglomeracións, pero no futbol, abofé que hai mais.

    Por non dicir nada dos palcos de musica que paga o Concello no entroido ou no aninovo.

Los comentarios están desactivados.