2 comentarios
  1. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    En Vigo deberíades relembrar este manifesto: 25-xullo-1931, vai facer moi cedo 75 anos. Aínda hai tempo para facer algo ao respecto: unha conmemoración na rúa, mesa redonda, etc.Pensaino:
    TERRA CEIBE!”
    (Pan por Pan venres 12 maio)
    En maio de 1931 dous mozos, Manuel Antonio e Xavier Soto, distribúen en Vigo un panfleto co título “Terra Ceibe!”. Criticaban nese texto aos concelleiros desa cidade por negarse a poñer a bandeira galega nos actos oficiais, ao carón da española. Hoxe nin sequera os nacionalistas coñecen ese texto: cousas da desmemoria. Texto ben radical, por certo. Velaí: “O noxo e a vergoña chegan a nós en rafaxes fondamente carraxosas, que nos obrigan a non poder calar a nosa protesta. A única Patria que recoñecemos, Galicia, ten a sua fala e a sua Bandeira, Bandeira que nós ollamos como insinia da nosa raza, a raza céltiga, forte e domiñadora, que si vai decaíndo é a forza da intrusión española que nos vai enchendo de sangue sin coor e sin vida, sangue escravo. Isto é o que nós temos por españoes; e certamente que tal herdo non merez outra defensa que a dos profesionaes do patriotismo trasnoitado”.

Los comentarios están desactivados.