«Flores en la carretera»

Non imos criticar a iniciativa da Consellaría de Traballo e da Confederación de Empresarios de Galicia de que «Flores en la carretera» do grupo ribeirense Jabon Blue sexa a canción coa que pechen bares e discotecas de Galicia. Promover hábitos saudables entre a mocidade, como o da condución responsable, e loitar contra a sinistrabilidade do tráfico merece os esforzos de todos e non se poden regatear medios nesa angueira. Porén, creo desafortunada a mensaxe subliminal que se emite cara aos mozos e mozas utilizando unha canción en castelán, cando sabemos existe unha oferta musical en galego ampla, diversa e de calidade. O curioso do caso é que o líder da banda,  Javi Maneiro, antigo membro de Herdeiros da Crus, di que «cantan en castelán coa intención de vivir da música no panorama nacional». Con este goberno ten que saír sempre malparada a nosa lingua? Esta é outra desas coincidencias fortuítas que expresan o retroceso do noso idioma?

13 comentarios
  1. Antonio Lijó González
    Antonio Lijó González Dice:

    Manuel, o que di Javi en realidade é o que pensan, e si queren vivir da musica no resto do estado, teñen que cantar en castelán, ademais fano porque queren, ninquen llo impon, aqui o Goberno nin pincha nin corta, eles son totalemente LIBRES, podoche aseguralo que os coñezo ben, eles queren vivir da MUSICA, que é unha linguaxe universal, quizas a única. E polo tanto, non deberiamos mezclar sempre churras con merinas.

  2. Xavier Pazos
    Xavier Pazos Dice:

    É que o problema non é Jabón Blue, que pode cantar no que lle pete e ninguén o dubida; o problema é quen sabéndoo os contrata para as súas campañas. Polo demais, todo ben.

  3. Kropotkin
    Kropotkin Dice:

    Hai dúas cousas: a min o que me amola é o que día Xavier Pazos… mira que hai grupos os que contratar. Antonio, ten vostede razón, pero fagamos contas. O galego non fecha cancelas: o éxito de Jabón Blue é nulo ao carón dos Herdeiros (non entro a valorar a música)… e en España, as bandas do estilo que máis éxito teñen cantan en inglés. En Galicia poucas bandas tiveron o éxito de Heredeiros, así que o argumento de Jabón Blue me parece escaso. Iso si, que cadaquén faga o que queira agora entre ser coñecido do telón de grelos para dentro ou non ser coñecido agás por unha campaña da Xunta (que probábelmente deixa marcada á banda…)…

  4. xose ramon
    xose ramon Dice:

    En canto ao comentario (primeiro) de misturar allos con bugallos, considero que non vén a conto; como di X.Pazos, cada quén canta no que lle peta, e Bragado coido que nada está a dicir a iso. Outra cousa é a peneira que os gobernos poñen para escoller tal ou tal outro cantante/grupo.
    Porén, Bragado, se mo permites, eu acho inoportuno mentar a lingua da canción; tanto tén cal sexa: non é galego, malia que podamos sospeitar das intencións do gobernante para escoller.
    Saúdos.

  5. Román
    Román Dice:

    Javi Maneiro e o seu grupo pode facer o que lles peta, están na súa liberdade de facelo, pero o mesmo argumento que sinala o cantante nesa entrevista de El Correo manifesta algo moi claro e tamén moi duro de recoñecer: os medios madrileños (crítica, emisoras, televisións, festivais…) péchanlle as portas á música que, feita no Estado, non está cantada en español. O inglés non ten problema pero o galego, o catalán ou o euskera están vetados de facto na industria musical español. E entre nós que pasa? O panorama é tan triste que non hai emisora de radio nin xornal galegos que dediquen un espazo continuado e visible á música en galego, como moito ao folk, pero non para os outros estilos. Aínda peor: ningunha radiofórmula pica música en galego e ata os Herdeiros da Crus apenas lograron malamente sacar a cabeza algunha vez, por moito que as súas cifras de vendas e de seguidores superarasen con moito as marcas de moitas “estrellitas” delstar system estatal. Javi Maneiro é consciente e pasouse ao castelán, a cousa éche así de clara… pero Lamatumbá demostra que en Jabon Blue andan equivocados: vendeu discos e fixo máis bolos nun verán que Jabon Blue en anos.

    Pero é a Xunta a que lle nega espazo á música galega cantada en galego: faino nos medios públicos, fíxoo no Xacobeo e estao a demostrar desmontado as boas iniciativas que houbera co anterior goberno, porque así hai que recoñecerllo ao bipartito, igual que cando con razón foi e é criticado. O PP pensa que o galego é patrimonio de pailáns ou nacionalistas e o mesmo Jabon Blue non colocaría ese tema se estivese en galego.

    Esta é a realidade e, como di Feijóo, a ideoloxía é cousa doutros, non del.

  6. Marcos Barreiro
    Marcos Barreiro Dice:

    (ainda que non estou seguro)

    creo que O Luar non te deixa participar no seu programa se es de galicia e non tes unha cancion en galego…eso pareceme mal… porque se nos queixamos dos demais tu non podes facer o mesmo….

  7. A.C
    A.C Dice:

    A miña humilde opinión:
    (Ante todo, o fin, e moi loable)
    1º- A cancion pareceme….floxiña
    2º- O video-clip, pareceme encargado por a DGT
    3º- Para musica pop galega, “Luar”, e para humor pop galego “Land Rober”
    (entendase “pop” por popular)

  8. Xabier
    Xabier Dice:

    Jabon Blue? Non teño nin idea do que é iso, eu coñecía aos Heredeiros e eran un bo grupo de rock and roll. Leo a letra que promociona a Consellería e paréceme para saír da discoteca cajando ostias e ter un asidente por atropelamento. Se ao final vai ser peor o remedio…

  9. Galleguiño non! Jallejo con collóns!
    Galleguiño non! Jallejo con collóns! Dice:

    Aquí parece que por ser galego, xa tes a obrigación de cantar en Galego, pois non é así, por moi galego que sexas e esteas cantando en castelán que tamén é o teu idioma podeste sentir tan galego como outro calquera, se Javi Maneiro canta en castelán, será porque el quere tocar a nivel nacional ou tentar facelo xa que cantando en galego rexeitaríalle moito as saídas por fóra de galicia. E as cousas son así!
    Jabón Blue tamén teñen en cada disco uncha canción en galego “Quinse pesos de Rock and Roll”, “Himno do Crocha” CF… penso que a canción perfecta que explica o porqué non queren cantar en galego é “UN PORRITO DE ILUSION”

    Outra cousa que non me parece correcta é que a xente relaciona Jabón Blue con Heredeiros da Crus, son grupos completamente diferentes, Jabón Blue é n novo prollecto, non lle ten que envidiar nada ós Heredeiros da Crus e eso que eu crecín ca mítica cuadrilla de pepa a loba, pero JB son letras serias, con sentido, aquí deixanse de “juele a cona beibe”, “jastas pista”, “quero josar”… e moitas máis.

    E Xavier, se Jabón Blue non che sona, será porque aínda quedastes atrasado no ano 2004 creo que foi… cando os míticos Heredeiros da Crus “deixaron de tocar” porque creo que ningún deles dixo que se desfixeran, ou eso creo.

    Moita sorte Javi, Pony, Marcos, Kuervo e Diego neste gran proxecto que levades a cabo, penso que sodes unha gran banda de Rock an Roll e tamén que sodes unha referencia para os grupos xóvenes que comezan a entrar no mundo da música.
    Saúdos de un menda que estará seguíndoos sempre!!!

Los comentarios están desactivados.