54%
A polémica sobre a supresión das axudas públicas ao funcionamento do Noitebús ou o peche de determinados comedores escolares é unha manobra de engano para agochar a máis crúa realidade: a Xunta de Galicia en 2011 rebaixará todas as aplicacións orzamentarias de todos os seus departamentos deica o 54% (a conselleira de Facenda dixit). A Feijóo fátanlle para 2011 nada máis e nada menos que 1.000 millóns de euros, pouco pode adiantar suprimindo eses catro ou cinco do pobre Noitebús que poden salvar algunhas vidas dos nosos mociños. Ben sabemos o rendemento que lle proporcionou a Feijóo a estratexia dos audis ou das cadeiras do consello da Xunta (que agora utiliza sen problema ningún), mais esta retórica demagóxica ten os seus límites, como queda ben claro na lamentable persecusión do Noitebús, unha conquista indiscutible e exitosa do anterior goberno de coalición. 54% de redución nos investimentos, esa é a dura realidade á que se enfronta á cidadanía galega (insisto, son previsións da conselleira Currás).
Está visto k non a todo o mundo lle chega a crisi por igual. Hai algunha xente k pode, e ainda sigue pensando e vivindo como fai unhos anos, e esto mudou (por o menos a min). Di vostede :”unha conquista indiscutible e exitosa do anterior goberno de coalición.” E penso eu, as conkistas do pasado son “fume”, imos cara a ser mais pobres (reformas laborais, pensions, subsidios, seguridade social, etcetcetc). Os numeros non dan.Deixe a ver si non iremos tamen cara a uhna reforma do estado e das administracions publicas, insostibles economicamente.(audis, cadeiras, viaxes, etcetcetc)
O do “noitebus”, unha anecdota.Os rapaces e todos nos, sabemos k non podemos ir bebedos a o volante.
Un saudo