Iolanda Zúñiga, un novo horizonte
Sen menoscabo ningún da alta calidade do discurso de Fina Casalderrey como mantedora literaria da cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010, nin da orixinalidade e emoción da intervención de Teresa González Costa para agradecer o Premio Merlín, os tres folios que leu Iolanza Zúñiga, tras recibir o Premio Xerais de novela por Periferia, foron memorables. As súas palabras potentes, expresadas co ritmo de rap, sinalaron simbolicamente o inicio dunha nova etapa na literatura galega. O que sucedeu onte en San Simón expresa a feminización e renovación da narrativa galega actual. Algo que debemos celebrar de forma entusiasta.
No blog de Xerais e no perfil de Facebook é onde iremos recollendo estes días toda a información xerada polo fallo destss premios.
As fotos, oportunísima, é de Pilar Ponte. Grazas, profa!
Trackbacks y pingbacks
[…] Este ano adquirín un hábito cando baixo á cidade á biblio. Polos estantes do corredor que leva até a banda desenhada collo ao chou o primeiro libro en galego que ache e que tenha boa pinta. É un pequeno xogo na procura de alfaias inesperadas. Pois a pasada segunda feira, escollín un libro de relatos efémeros, dunha rapariga da que non oíra falar na vida (disimulade a minha ignorancia): Iolanda Zuñiga. E mira ti por onde como desde o sábado é a persoa mais citada no meu reader […]
[…] «Iolanda Zúñiga, un novo horizonte» (Brétemas) […]
Los comentarios están desactivados.