Fume, moito fume
Prolingua expresouno onte á noite con toda claridade: «Pacto do Courel? Fume de palla!». Os «inxenuos» que poderiamos conservar unha mínima esperanza de que vencese a racionalidade e puidese ser retirado o decreto quedamos esta mañán ben desenganados: «Feijóo exclúe do pacto polo galego do idioma escolar». O ofrecemento do Courel quedou apenas nun fume, moito fume inane que nin sequera chegou a formar nube. Como sinala o mestre Fermín Bouza, continuaremos teimando en que a saída para o futuro do idioma reside en recuperar o consenso forxado arredor do Plan Xeral de Normalización da Lingua de 2004 e na Lei de Normalización de 1983. Velaí o punto de encontro dende o que volver pular por políticas normalizadoras capaces de atallar esta hemorraxia. O demais é fume, moito fume.
Esto foi o que dixen onte: “soltouna un 17-M, e durará o mesmo que duran as portadas dos xornais en galego. un mísero día”.
Estaba cantao.
Brétemas ten un agasallo no blog A Profa.
Saúdos.
Will in all probability be back generally to check up on new stuff you post!