Onte 2057: As miñas vinte de «Vinte»
Publicouse onte en Vinte a extraordinaria reportaxe de María Yáñez e Berta Dávila sobre as listas das vinte mellores obras da literatura galega de ficción publicadas no que vai de século XXI. Fun unha das corenta persoas convidadas a participar nunha escolla que asumín como obriga de editor xubilado e privilexio de lector apaixonado.
Xaora, diante da dificultade de escoller con rigor e coñecemento abondos entre centos de títulos, asumín os criterios de facelo só entre títulos de narrativa, elixir só unha obra por ano e non repetir autoría ningunha, xa que isto permitiría que miña lista fose máis objetiva e representativa da excelencia e heteroxeneidade da ficción galega actual. Sei que que con estes meus criterios quedan fóra obras narrativas moi valiosas (houbo anos de grandes colleitas, coma o do pasado 2019), así como coñezo o valor literario da nosa produción poética e teatral, que descartei na miña escolla.
Velaí a lista que enviei ás editoras, profesionais que merecen todas as miñas beizóns por unha reportaxe de referencia para o noso sector da edición:
- 2000: Non volvas (Xerais), Suso de Toro.
- 2001: Papaventos (Xerais), Xavier Queipo.
- 2002: Resistencia (Xerais), Rosa Aneiros.
- 2003: Irmán do vento (Xerais), Manuel Lourenzo González.
- 2004: Anxos de garda (A Nosa Terra), Anxos Sumai.
- 2005: Herba moura (Xerais), Teresa Moure.
- 2006: Os libros arden mal (Xerais), Manuel Rivas.
- 2007: O único que queda é o amor (Xerais), Agustín Fernández Paz.
- 2008: A Cabeza de Medusa (Xerais), Marilar Aleixandre.
- 2009: Dime algo sucio (Xerais), Diego Ameixeiras.
- 2010: O pintor do sombreiro de malvas (Xerais), Marcos Calveiro.
- 2011: Laura no deserto (Galaxia), Antón Riveiro Coello.
- 2012: Morgana en Esmelle (Galaxia), Begoña Caamaño.
- 2013: A memoria da choiva (Xerais) Pedro Feijoo.
- 2014: Cabalos e lobos (Xerais), Fran P. Lorenzo.
- 2015: Izan o da saca (Xerais), Xabier Quiroga.
- 2016: A dúbida (Xerais), María Reimóndez.
- 2017: A nena do abrigo de astracán (Xerais), Xabier DoCampo.
- 2018: Besta do seu sangue (Xerais), Emma Pedreira.
- 2019: Infamia (Xerais), Ledicia Costas.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir