Onte 1711: 80 anos do Estatuto
Que o 80 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936 pasase onte case desapercibido amosa a anemia política que sofre o noso país.O do 28 de xuño foi un fito histórico que supuxo o recoñecemento de Galicia como entidade política,ao tempo que a primeira vez na que o pobo galego decidiu sobre o seu futuro. Unha data, pois, que non é unha efeméride calquera xa que nela se recoñeceu a oficialidade da lingua galega e a Galicia como nacionalidade, froito dun amplo consenso capaz de conformar unha posición orixinal de Galicia como suxeito político. Unha proeza colectiva que obriga hoxe a institucións, partidos e colectivos sociais e cidadáns polo que ten de referente para Galicia como nacionalidade histórica, á altura de Catalunya e Euskadi. Xaora, a inauguración da exposición “Meu Pontevedra” no Museo de Pontevedra, abrindo este novo ano Castelao, supuxo unha nota de autoestima e fachenda neste panorama conformista. Como tamén foi un acerto que a FUNCEF anunciase nesta data a convocatoria do Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados, unha iniciativa única de promoción da creación musical galega.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir