O futuro do Culturgal
Este 2009 non haberá Culturgal. A desvinculación total do proxecto por parte da Consellaría de Cultura, organizadora da pasada edición, impide celebrar esta feira das diversas manifestacións das industrias culturais en Galicia. Toda unha mágoa! A pesar da mobilización en Facebook e do ofrecemento de axuda por parte da Concellaría de Cultura da Coruña, non hai tempo nin cartos abondos para organizar nun par de meses un evento coas dimensións e a dignidade do da última edición. Razóns polas que parece moi sensato o acordo adoptado onte na reunión da Asociación Galega de Editores de aproveitar estes meses que quedan do ano para recuperar a xestión do proxecto (a verdade é que nunca debeu pasar as mans da Xunta de Galicia), xuntar aos diferentes sectores profesionais (música, audiovisual, xestión cultural…) e constituír de vez a fundación que organice anualmente a feira e asegure a súa independencia. Só así evitaremos que este feira, concibida para contribuír á profesionalización e visibilidade dos produtos culturais na nosa lingua, dependa dos intereses e das querenzas dos responsables das administracións públicas. No entanto, penso que sería moi proveitoso para non estragar tantas e tantas enerxías que foi xerando o proxecto, celebrar na Coruña (onde tanto se implicou a concellaría de cultura no Culturgal 2008) nunha fin de semana do mes de decembro, unha marathón de presentacións dos produtos culturais deste ano 2009 (libros, discos, películas, series, iniciativas, publicacións periódicas…). A experiencia de «La noche en blanco», que se celebra esta fin de semana en Madrid, non podería ser reinventada en galego na Coruña? Unha idea que podería estudar a Concellaría de Cultura da Coruña.
Pareceme unha boa idea o da “fundacion”, e despegarse dos politicos.Istos de agora veñen ca tixeria recortando.Como o da seleccion galega de fubol, outro recorte.Si a min, en plena recesion, as miñas contas domesticas non me saen, e de imaxinar k as do estado/xunta tampouco.E inda por riba unha suba de impostos, a o meu cinto, acabaronselle os buratos. A ver como saio de esta
“La noche en blanco”, polas referencias que teño, é un dispendio de cartos en actividades que logo non atopan continuidade. A cultura concentrada nunha soa noite resulta ser, pouco máis que unha trapallada, un claro xesto de cara á galería.
A Xunta anterior fixo menos do que debera ter feito.,pero dende logo a mellor Ánxela Bugallo. Agora sí que notamos a falta dela. Fai máis ben polo país unha persoa como ela que non 100apparatchiks aspirantes a burócratas de partido.