Onte 1409: Bono Cultura Galega
A posta en marcha por AGADIC da Tarxeta-Bono Cultura Galega é unha boa noticia para os nosos sectores do libro e das artes escénicas. A Xunta de Galicia decidiu experimentar a vella proposta do sector editorial galego de incentivar o consumo cultural por medio dun sistema de subvención directa ao lector/a. O modelo escollido por AGADIC pretende incentivar nos mozos e mozas de 18 a 30 anos o consumo de libros en galego e de espectáculos de artes escénicas no noso idioma. Cada bono de 50 euros terá para o consumidor un prezo de 33, polo que supón unha rebaixa do 34 %. Nesta primeira convocatoria, que se desenvolverá no derradeiro trimestre do ano, o orzamento do programa é de 100.000 euros e poderán participar 180 establecementos. Non está mal para comezar.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir