Onte 1402: Día internacional da amizade
presenza, celebrouse onte o Día Internacional da Amizade, creado en 2011 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa intención de que «a amizade entre os pobos, os países, as culturas e as persoas poida inspirar iniciativas de paz e oportunidades de tender pontes entre as comunidades». Unha efeméride que forma parte das accións que Nacións Unidas promove a prol da cultura de paz, acuñada en 1998 como «un conxunto de valores, actitudes e condutas que rexeitan a violencia e procuran previr os conflitos abordando as causas profundas que os provocan». Na actual coxuntura, onde o papel da ONU está cada vez máis devaluado, propostas como este Día da Amizade poden parecer outro exercicio de cinismo diplomático. Xaora, a promoción da cultura da paz e da non violencia nos sistemas educativos é imprescindible. Como tamén o é o recoñecemento da amizade como un sentimento esencial na vida dos seres humanos. Beizón para aquelas persoas que coidan da cultura solidaria da amizade!!!
Aínda que no noso entorno tivo escasa
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir