Onte 1382: Pola unidade no 25X
Tras varias semanas de traballo, onte saíu publicado o Manifesto pola Unidade, un chamamento que promovemos vinte e cinco persoas de diversos ámbitos e procedencias coa intención de que colectivos cidadáns, sociais, culturais e partidos e organizacións políticas se sumen, sen exclusión previa ningunha, na celebración do vindeiro 25 de xullo. Sei que cada un dos asinantes e das asinantes facémolo a título persoal porque entendemos que esta é a forma máis clara de expresión da cidadanía, a da suma das vontades individuais. Soñamos e, dende agora, pretendemos que o 25 de xullo as rúas de Compostela sexan as dun país en marcha que, como remata o manifesto,«tome nas súas mans a construción dunha nación para tod@s». Convido a asinar aquí o manifesto e agradezo a súa difusión.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir