«A caixa negra»

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dKSSe-NRN9E" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Esta é a primeira parte  (1/6) d’ A caixa negra, o documental non emitido pola TVG. O resto pode verse dende aquí. Cando semellaba que isto xa debería estar superado, volvemos a enganchar na rede os vídeos prohibidos. Hoxe distribuír na rede A caixa negra é reclamar a liberdade de expresión na nosa televisión pública.

5 comentarios
  1. A.C
    A.C Dice:

    Na historia da humanidade hai moitas “caixas negras”, a verdade pouco me importa o asunto das “vacas tolas” (nin pensaba velo na tv nin moito menos en youtube).Penso k temos temas de actualidade moito mais candentes, e importantes. Como por exemplo o conflito do metal en Vigho, o cal vostede non o menciona nin de soslallo, e pareceme raro por k o ten moi preto, pretisimo.

  2. bretemas
    bretemas Dice:

    Amigo A.C., ten razón, hemos falar aquí da folga do metal. A nosa cidade revolcada arde. Transformar un conflito laboral nun problema de orde público é para min un erro de enfoque, tanto da patronal ASIME como dos sindicatos. Aquí a mediación das Administracións é imprescindible se queremos evitar máis desastres.

  3. albixoi
    albixoi Dice:

    Se ben o conflito do metal está de candente actualidade, non é menos certo que esta primeira censura televisiva vai supor, creo eu, a primeira de moitas censuras. Acaba de saberse que a presentadora de Hai Debate xa non vai presentar este próximo luns o programa, sendo substituída por Marga Pazos. Ole isto como a actuación coa derrogación do decreto do ensino: rematar cos dous no verán para evitaren presións. Outra mostra de aleivosía e nocturnidade. País!

  4. Antolín
    Antolín Dice:

    Xa tardaba a dereita en meter man nos medios de comunicación. O máis descacharrante é que a (falsa) xustificación de Feijóo verbo da censura á reportaxe das vacas tolas (ningún sindicato pediu tal cousa) tres días despois, seica agora si o van emitir, xa non existe xa que o suposto perigo e alarma social evaporouse. Tamén é curiosos que a nova responsable de televisión admitise a censura sen ter visto a reportaxe. En fin, Feijóo09 comeza co listón alto e na radio galega xa caeron algúns (o de Xurxo souto non é tan lamentable no fondo como nas formas -curioso que o “novo”Aberto por reformas abra con Springsteen, o artista favorito de Feijóo09). En fin, doulle a razón a Antón Baamonde no de que estes elementos non pensaban gañar as eleccións. Agárdannos catro anos de censuras e rectificacións.

  5. filipediez
    filipediez Dice:

    Diante da marea de incumprimentos e indignidades do goberno de Feijoo, un grupo de blogueiros decidimos abrir un portal de denuncias das mentiras do Presidente galego. O enderezo é http://feijoomente.blogaliza.o… Agardamos a colaboración de todas as persoas que aman o país e desexan para el un futuro mellor, para desmascarar as falcatruadas habidas e as que se albiscan no horizonte.

    Saúdos,

    Filipe Diez
    Co-administrador dos blogs
    Renovar o BNG e Feijoo mente

Los comentarios están desactivados.