Onte 1303: Represión silenciosa
Na presentación da libraría Paz de Pontevedra de Medo politico e control social na retagarda franquista, o libro de Lucio Martínez Pereda, debateuse sobre a conveniencia de utilizar a terminoloxía de «represión quente» e «represión fría», ou «represión dura» e «represión branda» para diferenciar as dúas estratexias utilizadas tras o levantamento do 18 de xullo. Xaora, o autor explicou as características da que denominou tamén como «represión silenciosa»: «un repertorio represivo de caligrafía fina, distinto ao dos paseos e execucións.» «Unha represión que servía de mecanismo de presión, capaz de asentar o poder sobre bases que garantían unha longa duración, presionando coma unha amenaza constante. Unha dosificación dos temores alongada no tempo.» «O medo así creado tiña dúas caras. Por unha banda rendabilizaba ao máximo os mecanismos represivos e por otra creaba adhesión entre a poboación potencialmente indiferente.» «Ambas as dúas represións, tanto unha coma outra foron desproporcionadas á resistencia atopada.»
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir