Onte 1243: Somos Nós
O éxito da presentación de Somos Nós onte en Compostela expresa que unha parte da sociedade galega nin se resigna nin está disposta a que Galicia desapareza como suxeito político. Baixo a forma dunha asociación, este movemento cidadán proponse como o seu primeiro obxectivo acadar que Galicia recupere a súa centralidade na axenda pública, asumindo no transversalismo, na independencia dos partidos polítcos e na pluralidade ideolóxica e diversidade xeográfica dos seus membros unha nova forma e entender a intervención política no noso país. Nesa idea insistiu Anxo Quintana que ao comezo da súa intervención aclarou que «Somos Nós non é un movemento para unir ou refundar o nacionalismo, xa que a súa misión é moito máis ambiciosa: unir a todos os galegos e galegas ás que lles importa Galicia.« Recuperar a autoestima, a esperanza e a dignidade, confiar nas posibilidades propias, acadar que o compromiso co país sexa unha idea hexemónica na nosa sociedade, marcar unha liña entre a vella e a nova política foron ideas presentes nas intervencións dos promotores da nova iniciativa que pretende continuar a tradición das Irmandades da Fala e de Nunca Máis. Aí estaremos, contribuíndo dentro das nosas posibilidades a darlle pulo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir