Onte 950: Euskal Herria
Tres días en Euskal Herria abondan para encher o depósito de esperanza. Escoitar nas rúas elegantísimas de Donostia aos picariños falar en eúscaro xa non nos produce sorpresa; nin tampouco percibir o entusiasmo sereno dunha sociedade que asumiu a complexidade do proceso de reconciliación civil. Na libraría Elkar de Baiona merquei o último ensaio de Jesús Eguiguren, o presidente do PSE-EE e unha das persoas claves no proceso de paz. Un libro, editado por Gara, no que se propón reconsiderar case todo no proceso vasco, asumindo que a primeira lei da política é obedecer á realidade. Eguiguren propón modificar o suxeito político vasco para centralo no concepto de «Euskal Herria», un patrimonio de todas tradicións políticas vascas, tres territorios dacabalo de dous estados, situando a Navarra como centro. E como estratexia asumir o pacto entre cidadáns, territorios e estados, traballando pacientemente a rede dos acordos e das amplas maiorías sociais, sen renunciar a nada no proceso de construción dunha nación. Euskal Herria. Por un nuevo nacionalismo, vazquismo y navarrismo é unha lectura recomendable, un libro con vontade de ser chave dunha mudanza política protagonizada por unha nova xeración.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir