Faleceu Xesús R. Jares
Estou enormemente conmocionado xa que hai só unhas horas que faleceu o meu amigo Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Suso sempre foi un modelo de dignidade e, como tal, morreu cos brazos abertos á vida, ofrecéndonos a tenrura e a esperanza pola que loitou toda a súa vida. O acto civil na súa memoria terá lugar hoxe domingo ás 20:00 horas no Vigomemorial. Con todos os nosos abrazos para Paz e Sira.
Síntoo moito. Mañá vai ser un día triste na miña casa.
Eu non o coñecia.Pero non me deixo de asombrar de como e a vida, parece increible velo nas fotos en abril.
D.E.P
A.Coruñes
Teño del un magnífico recordo dende que hai anos a fortuna mo agasallou coma mestre nun Curso de Aptitude Pedagóxica. Tento dende entón ter na cabeza as ensinanzas que nos transmitiu e plantéxome se non será mal síntoma a escasa presencia que pedagogos do seu calibre teñen na nosa vida pública. Vaise un grande mestre e boa persoa.
Ánimo prós seus.
Non tiven o pracer, pero faláronme ben del.
Sinto, Sr. Bragado, o seu desconsolo nestes intres.
Entérome hai media hora polas Uvas na Solaina desta triste noticia. Sen saber nada, pasei hoxe moi preto do lugar onde se ía celebrar o acto, á mesma hora no que estaría comezando.
Quixera trasmitir a toda a súa familia e todos os seus amigos as miñas sentidas condolencias e os meus ánimos nestes duros momentos.
Coñecín un pouco a Suso hai uns anos, souben do seu excelente traballo, sempre me pareceu unha persoa honesta e traballadora. Descanse en paz.
Adeus amigo e compañeiro. Sempre ficarás na miña lembranza, a ela acudirei para seguir a aprender de ti. Nunca te dsarei ao esquecemento.