Premios Nacionais
No artigo da semana gabo a elección dos primeiros Premios Nacionais da Cultura Galega, ao tempo que propoño para vindeiras edicións a súa ampliación por xéneros literarios.
No artigo da semana gabo a elección dos primeiros Premios Nacionais da Cultura Galega, ao tempo que propoño para vindeiras edicións a súa ampliación por xéneros literarios.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Pois voulle discrepar. Non sobre o de que non creo que a literatura deba ter sete premios e o cine só un, que vostede logo me saca a lei, senón no acerto na adxudicación. Non teño nada que quitarlle nin poñerlle a ningún dos galardonados individuais, pero, fóra o caso da música, optouse por premiar “traxectorias” e non feitos relevantes. E iso, pra todos eses que se queixan de que non facemos máis ca rituais, é ritualizar máis. Isto é máis vacas sagradas e menos activismo.