Presentación dos Premios Fundación Caixa Galicia
Madrid, regresei por Compostela para participar na presentación de Illa soidade de An Alfaya, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil e O ceo dos afogados de Francisco Castro, finalista do mesmo certame. A presentación foi moi xeitosa e orixinal, xa que An presentou a obra finalista e Fran a gañadora.
An Alfaya sinalou que que toda a literatura de Francisco Castro era trangresora e esta novela, enchida dunha atmosfera de extrañeza, tamén o era, xa que constitúe un S.O.S do que está pasando no mundo. Pola súa banda, Fran indicou que a novela de Alfaya abordaba un tema silenciado que busca facernos reflexionar: “Detrás de cada illa soidade hai un corazón, hai tenrura, hai odio, hai amor, hai un ser humano”. Dúas novelas literariamente importantes sobre o dilema da comunicación/incomunicación que amosan a madurez da nosa literatura xuvenil.