Onte 498: Galerna

A de onte lembroume a aquelas tardes de galerna da miña infancia. Horas de choiva e ventada tras as que chegabamos a casa pingando coma pitos para logo secar os gorilas enchoupados diante da estufiña de butano. Sei que a memoria é mentireira, xa que cadaquén a constrúe sobre episodios que fan verosímil e coherente o relato continuo da propia vida. Seino. Mais a pesar diso, estas tardes viguesas de choiva violenta son a chave que abre con maior facilidade aqueloutras saudades dos días da miña escola primaria dos anos sesenta. Coma os días secos nos que vai moito frío son os que mellor enganchan coa memoria daqueloutras xornadas universitarias na casa da Pontepedriña, ao pé da estación, onde descubrimos a The Police no dial de Radio 3. A memoria é mentireira. Seino. Mais serve para saber quen somos e de onde vimos. Non che é pouco.

1 comentario
  1. GaLEgaDeVigo
    GaLEgaDeVigo Dice:

    Que certo é! No meu caso, nos primeiros oitenta -a escola- e no canto da Pontepedriña, lembro o frío seco das 5 am co cnto dos paxaros da alameda na rúa Nova de Abaixo (calle nueva para os composteláns) e o frío cortante pero húmido dun febreiro en Sar, mascando chicle
    Orbit e escoitando a The Clash

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *