A Fiscalía entra en Gaiás

Sabiamos que a posta en marcha da comisión de investigación sobre a xestión e as adxudicacións realizadas na Cidade da Cultura non era un camiño substitutorio da actuación da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza (como, seguramente, pretendía o PPdeG). Tras o informe do Consello de Contas detectando importantes irregularidades no proxecto, era lóxico que se producise esta importante noticia. O que pode dar de si a apertura desta sandía, é impredicible. Quizais esteamos diante da noticia máis importante desta lexislatura?

4 comentarios
  1. ARUME DOS PIÑEIROS
    ARUME DOS PIÑEIROS Dice:

    A mín o que me parece escandaloso é que un informe do Consello de Contas non vala para nada, cando nel se describen as maiores irregularidades (non poden, por razóns xurídicas, establecer que son ilegalidades) que poidan detectarse nunha administración. Eu, que lín con moita atención outros informes, que, por casualidade figuraban nun lote no que ocupaban lugar central as irregularidades das universidades, nunca entendín cómo a Fiscalía non actúa de oficio. Agora parece que si; pero ollo, cos cidadáns chamando ás portas do ceo da casta.

  2. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Os informes do Consello de Contas levan anos denunciando non só irregularidades senon auténticos e variados presuntos delictos. Os seus dictames non teñen máis carácter que o meramente informativo e son dunha gran profesionalidade e independencia o que honra aos funcionarios que neles traballan. Unha reivindicación básica debera ser a transformación da normativa sobre o Consello de Contas para dotar os seus iformes dun carácter máis próximo ao dun tribunal… pero moito me temo que se fose así, acabarían axiña coa profesionalidade actual e algúns dos eficaces funcionarios que hoxe están aí os farían pasar a labores menos “comprometidas”.

    Por certo, ¿por que non actúa a fiscalía no escándalo denunciado das empresas multimillonarias do chófer de Louzán?

  3. Boedense
    Boedense Dice:

    Coincido coas reflexións aquí expostas deberíaselle outorgar outro papel ó Consello de Contas que non fose meramente informativo e dotalo de maior independencia política, se isto for posible.

Los comentarios están desactivados.