Ardora

Dedico o artigo da semana a comentar as Ordenanzas de 1573 sobre a pesca da sardiña na ría de Vigo, texto que coñecín traducindo para o galego o primeiro capítulo d’ A cidade e os días de Xosé María Álvarez Blázquez. É reveladora, e moi actual, a conciencia conservacionista que posuían os mariñeiros galegos de hai cinco séculos.

Etiquetas:
2 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Non hai que esquecer que son datas coincidentes co reinado de Felipe II, organización do estado (imposicións, reestructuración política e xudicial: dalí esas persoas que asinan o documento), regulación extrema e burocrática de todos os procesos administrativos. É o mesmo tempo dos problemas das pesquerías do Atlántico, verdadeiro campo de batalla do dereito internacional, con regulacións semellantes ás que agora vemos nos xornais a propósito dos tratados da Unión Europea. Estamos na Idade Moderna europea e na creación dalgo parecido a un Estado.
    Sobre a irmandade portuguesa, hai que lembrar tamén que en só 7 anos, os portugueses pasarán a pertencer á coroa española.

Los comentarios están desactivados.