Onte 409: Solidariedade cos procesados do 8-F
Pareceume oportuno o comunicado que onte publicou a Plataforma Prolingua amosando a súa solidariedade cos procesados do 8-F. Doce participantes na denuncia activa da manipulación e a expresión de odio que supoñía a manifestación en contra do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004 afrontan unha petición fiscal de 45 anos de cadea, acusados de desordes públicas e resistencia á autoridade. Como atinadamente sinala Prolingua, poderiamos preguntarnos de que estamos a falar cunha petición coma esta?, «De sete anos de cadea por defender a lingua galega dun ataque extremista? De procesados por berrar contra os que vulneran as normas de convivencia das que nos dotamos as galegas e os galegos..?» A fiscalía ben faría en retirar os cargos aos procesados do 8-F xa que «o seu delito» non foi outro que defender a lingua de todos e todas (tamén dos que a aldraxan, menosprezan e pretenden a súa desaparición efectiva). Se a sociedade galega quere un futuro digno para a súa lingua propia, un obxectivo a recuperar despois da clara vitoria electoral do PP, debe ser capaz de recuperar os consensos arredor do seu estatus e da súa promoción.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir