Onte 372: Contrarreforma Wert
A reforma educativa do ministro Wert recentralizará os contidos das ensinanzas mínimas até o 75% do horario escolar, porcentaxe que baixará até o 65 en comunidades como Galicia con lingua oficial, satisfacendo así unha das vellas aspiracións das posicións educativas máis conservadoras. Outrosí sucederá co aval que recibirá o modelo de educación diferenciada (reivindicada polos centros de fomento do Opus Dei), a flexibilización das condicións de traballo do profesorado funcionario, o establecemento de senllas reválidas na Educación Secundaria e o adianto da segregación do alumnado aos 15 anos que conlevará a creación da Formación Profesional Básica. Con semellantes presupostos non é de adiviños agoirar outro fracaso do anceiado Pacto pola Educación. A de Wert é apenas unha contrarreforma carca e centralista. Tempos difíciles para o futuro da educación pública.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir