Onte 283: Grecia
Cinco reflexións sobre o que sucedeu onte nas eleccións gregas. Primeira: no parlamento gañaron os partidarios do rescate, porén a esquerda obtivo máis votos populares; o que supón un país profundamente dividido no éido político. Segunda: a esquerda anticapitalista de Syrizas, que pasa do 4,6% en 2009 ao 26,56%, consolídase como líder da oposición cun programa que rexeita a austeridade como receita para saír da crise; semella que outra esquerda aínda é posible. Terceira: o PASOK fúndese, a pesar que probablemente entre a formar parte do goberno, debido a súa incapacidade para diferenciarse da dereita corrupta e ladroa; o que supón unha situación para a socialdemocracia moi difícil de recuperar (todo un aviso para o PSOE). Cuarta: os nazis fanse fortes non só nalgúns barrios de Atenas, onde amedrentan á cidadanía, senón tamén nas bancadas de Sintagma; o seu perigo non debe ser minusvalorado. Quinta: os resultados non aseguran unha mudanza nas políticas, xa que tras os resultados, o Eurogrupo emitiu un decepcionante comunicado; Merkel continuará impoñendo as súas receitas, en todo caso poderá negociar apenas a felxibilización do seu calendario. Baixará hoxe a prima de risco española?
Trackbacks y pingbacks
[…] ascenso da prima de risco e do bono español a 10 anos até niveis de infarto amosa que as eleccións gregas foron apenas unha excusa dunha estratexia de engano masivo. A río revolto gañan os especuladores […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir