Homoxeneidade e cervexas
É coñecida a miña admiración por Juan Varela, o mestre blogueiro, que sempre está un paso por diante propoñéndonos dirixir a mirada máis alá dos lugares comúns. Hoxe atopei este anaquiño xenial (apenas minuto e medio) da súa intervención no pasado encontro de Sevilla. Segundo Juan “as escumas das cervexas non se mesturan, só se pegan”. Vaia pedazo da metáfora sobre a homoxeneidade das comunidades blogueiras! Aínda que tamén poderiamos utilizala para definir o que lles sucede a outros que comparten espazos (atinadísimo hoxe Monxardín) e responsabilidades?
Nunca o vira de esa forma, pero parece que ten razón, eu preguntome…¿será sempre así, ou haberá algo físico ou químico, que rompa esa blindaxe? A cousa é complicada, mais se o blindaxe non permite avanzar opu ir mais lento.
As reflexións de Juan Varela sempre son moi interesantes. Leva tempo falando do hermetismo (ou endogamia) das comunidades blogueiras galega, catalá, española. Eu xa expresei a miña opinión de que as comunidades pequenas deben atravesar un curto periodo de illamento inicial para crear as súas propias estruturas e dinámicas sen ser arrastradas polas “grandes comunidades” circundantes. Até que, xa maduras, estean en condicións de integrarse, dialogar, mesturarse en pé de igualdade con elas. Creo que é o estadio no que se atopa o blogomillo, con capacidade e necesidade de darse a coñecer e interactuar coas comunidades blogueiras de todo o mundo. Vívese ben nas peceiras, pero os peixes deben vivir no mar.
É moi recomendable o índice blogconversa (vía Xaime) http://www.kedume.net/conversa
/index.php?lang=2, que nos permite coñecer unha exhaustiva lista de blogs de todo o Estado, agrupados pola súa lingua.
En canto ás comunidades de blogs políticos, estamos perdendo a oportunidade de que a rede, os blogs, se convirtan no foro de debate plural e aberto que poderían ser. Normalmente, os dunha banda debatimos moito entre nós, e os da outra discuten entre eles. Pero poucas veces nos xuntamos para falar das cousas que pasan no país. Na socioloxía, denomínase “ignorancia pluralista” a esta situación, na que a forza de falar só entre as persoas da nosa mesma ideoloxía, tendemos a pensar que o outro non achega ideas ou non representa a demasiada xente.
Un saúdo
Que significa misturarse?
Mais outra:e comunidade (blogueira), que significa?
Non resulta,porén,desatinado afirmar cas intuicións e crenzas de sentido común non son universalmente compartidas. Compre reparar cas intuicións de diferentes persoas e mesmo da mesma persoa, entran a miúdo en conflicto.Por non falar do uso de metáforas líquidas sempre tan efectivas e impactantes: mistúranse os tabeiróns coas xardas?. E, por outra banda, non son en absoluto inocentes como ben sabe Varela.Por non falar do apelo ao conceito de responsabilidade. Confúndese o que depende en última instancia de ti con aquilo que se agarda que respostes.