Libros reciclados

Facendo espello coa anotación anterior, atopo estoutra de Millán sobre a edición de libros a partir de materiais reciclados que preparan algunhas editoriais latinoamericanas. Libros co miolo fotocopiado e grampado e as cubertas acartonadas e decoradas de forma artesanal. Unha vía ben diferente da electrónica para acceder á lectura impresa.

Etiquetas:
1 comentario
  1. lantana
    lantana Dice:

    A min paréceme unha boa idea; pódense facer cousas ben xeitosas con materiais recuperados, neste caso, papel e derivados, de paso contribuiríamos á protección do medio ambiente. A iniciativa debería caer de caixón, pero no primeiro mundo hai un apego crecente polo libro de luxo, o que ocasiona o prezo disparatado dalgúns exemplares.

    Saúdos e saúde.

    Moi Feliz 2007!

Los comentarios están desactivados.