Editorial Cíes e Marcial Lafuente Estefanía
/en Editores, Vigo/por bretemas
No suplemento “Estela” (do dominical de Faro de Vigo), J. A. Otero Ricart publica unha interesantísima reportaxe sobre a Editorial Cíes, fundada en Vigo en 1941 por Eugenio Barrientos, o daquela propietario da libraría Tetilla, e destinada a edición de publicacións populares. Barrientos comezou publicando novelas policiais, mais consolidou a súa actividade (durante máis dunha década) coas novelas de vaqueiros de Marcial L. Estefanía, un escritor republicano que se asentou daquela nas Travesas (do que actualmente se prepara un documental). Na reportaxe, da man de Federico, o fillo de Estefanía (actual propietario de Cíes), relátase aquela interesante peripecia editorial da que tiñamos noticia polos traballos de Francisco Fernández del Riego. Para a recuperación da memoria da edición en Galicia, conviría seguir afondando no traballo desenvolvido por Barrientos que, ademais, das populares novelas de vaqueiros publicaba textos de literatura xuvenil de rancio sabor franquista (dos que temos só noticias dalgún título da súa colección “Amenus”). Seguiremos procurando noticias de Cíes.
Clicando sobre as imaxes pode lerse a reportaxe.
Lembrando a Enrique X. Macías
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Música, Vigo/por bretemas
No artigo da semana lembro a figura de Enrique X. Macías no día do seu concerto homenaxe no Marco.
Ler debería ser prohibido
/en Lectura, Vídeos/por bretemasVía: Hora de ler.
Ler na cama
/en Lectura, Vídeos/por bretemasVía Trafegando ronseis.
"Votos de riqueza", presentación en Vigo
/en Autores, Ensaio, Presentacións/por bretemasO vindeiro martes, ás 20:00 horas no Marco de Vigo presentarei Votos de riqueza. La multitud del consumo y el silencio de la existencia, o máis recente ensaio de Ignacio Castro Rey. Agradécese difundir na rede esta convocatoria. Outra magnífica oportunidade para volver escoitar en Galicia o lucidísimo discurso crítico do filósofo Ignacio Castro.
Macías, referente da modernidade viguesa
/en Música/por bretemas
Teresa Cuíñas publica en Luzes unha interesante reportaxe sobre a figura de Enrique X. Macías. Todas as testemuñas consultadas subliñan a consideración de Enrique como referente da modernidade nas diversas manifestacións culturais daquel Vigo efervescente dos oitenta. A lectura deste artigo pode axudar a comprender o interese da súa figura.
"Itinerario de luz", reeditada a obra de Enrique X. Macías
/en Música, Novidades/por bretemas
Hoxe levei unha boa ledicia cando recibín un paquetiño da Consellaría de Cultura e Deporte que gardaba unha grande sorpresa para min: un dobre cedé que contiña a reedición das gravacións das obras de Enrique X. Macías, editadas por Miso Music. O dobre cedé, editada á iniciativa da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, recolle unha parte significativa do catálogo de obras de Enrique dende 1986 a 1995: “Itinerario de luz” (1995), interpretada por London Sinfonietta e gravada no CGAC; “Antistrofas” (1993/95), peza para cello e electrónica; “Adhuc” (1992/93), para seis instrumentos, gravada en París; “La Lyre du Désert” (1988), peza electroacústica realizada en París; “Iubilaeum” (1993), peza para tres instrumentos gravada en Santiago; “La Chambre dans l’Espace” (1992/93), peza para trío gravada no Pazo de Castrelos de Vigo e “Sonata” (1986/89), peza para piano, interpretada por Roberto Bollea e gravada na Gulbenkian de Lisboa. A recuperación destas gravacións constitúe, xunto aos tres concertos destes días, un paso importantísimo para a posta en valor do legado musical de Macías. Beizóns á Dirección Xeral de Creación Cultural por facelo posible.
Get London Reading
/en Lectura, Promoción do libro, Publicidade/por bretemasQue é un libro?
/en Libro, Vídeos/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Boloñazo13 de Decembro de 2025 - 6:00 a.m.
Presenza escasa11 de Decembro de 2025 - 3:41 p.m.
Lugares e días vigueses da memoria9 de Decembro de 2025 - 10:31 a.m.
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.









