Editar é intervir no presente
/en Edición, Editores/por bretemasTirado de Leroy Guitérrez.
Desvélase o modelo de xestión da CdC
/en Cultura, Política/por bretemasComezan a desvelarse os proxectos previstos para a CdC. Non podo agachar a miña enorme perplexidade diante do modelo de xestión anunciado por Touriño: unha fundación con maioría privada (51%) para xestionar unha obra financiada na súa totalidade con cargo a fondos públicos. Outrosí sucede co anuncio do nome do responsable da nova fundación, Juan Manuel Urgoiti, empresario de tan acusado perfil financieiro e cosmopolita como escasa presenza na actividade cultural do país, ou o carácter claramente bipolar (“mixto”) que se pretende proporcionar á xestión da CdC, esgazada nunha parte pública (os edificios do Arquivo e da Biblioteca Nacionais, e supoño tamén do Museo de Historia de Galicia, que serán responsabilidade da actual Fundación CdC) e noutra privada, onde se adscribirán as instalacións expositivas de perfil máis innovador (o Centro de Arte Internacional, o Museo dos Nenos e o Espazo Obradoiro) e a xestión dos servizos comúns (restauración, espazos comerciais ou parkings).
Outra das nosas perplexidades é que este modelo de xestión bipolar non parece coincidir exactamente co anunciado pola conselleira Ánxela Bugallo nas súas comparecencias parlamentares; como tamén parece ben extraño que o presidente Touriño non anunciase un compromiso explícito do Goberno central na xestión dun proxecto que debería ser considerado de estado. Porén, sen poder entrar a valorar a viabilidade e excelencia do modelo de xestión proposto nin os contidos expositivos (as informacións proporcionadas onte foron moi xenéricas), polo menos semella unha boa noticia o compromiso destas grandes empresas galegas para encarreirar tan díficil proxecto. Ben está que as dúas caixas, Inditex ou os grupo Jove e Tojeiro arrisquen parte dos seus recursos nun proxecto que, inequivocamente, debe estar ao servizo da cultura galega e da súa proxección internacional. Quedemos con esta esperanza, agardando que despois do verán se poidan despexar moitas das dúbidas que expresamos.
Galeusca
/en Iniciativas, Lingua, Política/por bretemas“4. O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta.”
[…]
“9. As políticas lingüísticas aplicadas ao ámbito educativo nas chamadas comunidades bilingües teñen como obxectivo conseguiren que o alumnado acade unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. Para acadar ese obxectivo, é preciso desenvolver planificacións lingüísticas que garantan a consecución dese obxectivo e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular maioritaria da lingua máis desfavorecida socialmente. E isto, en vez de ir contra a liberdade lingüística, é, precisamente, unha actuación imprescindible para garantir esa liberdade lingüística.”
O texto pode apoiarse dirixindo un correo electrónico á secretaría da AELG: oficina@aelg.org
A intelixencia de Barreras
/en Beizóns, Iniciativas, Lingua/por bretemasOs lectores e lectoras destas brétemas saben da miña admiración polo proxecto empresarial de Barreras, o estaleiro vigués que está montando buques futuristas na nosa Beiramar. Hoxe debemos volver a abenzoar aos responsables de Barreras polo seu decidido apoio á nosa lingua, nun momento especialmente difícil no que unha parte da clase empresarial viguesa amosa en privado intencións de deitarse nos brazos castelanófonos (nos vindeiros días, segundo as informacións das que dispoño, pode producirse un pronunciamento involucionista público). Barreras adoptando progresivamente o galego como a súa lingua vehicular (na documentación interna, na rotulación, nas relacións laborais como co entorno dos seus proveedores) recunca na súa aposta por estratexias futuristas e de innovación: neste caso pola tecnoloxía punta que simbolicamente atesoura a nosa lingua. A intelixencia empresarial de Francisco González Viñas, o presidente do esteleiro, unindo á innovación coa causa da lingua é a mellor inxección de entusiasmo que recibimos estes días. Beizóns para el e para os traballadoras da factoría.
A FLIP de Paraty
/en Autores, Eventos, Vídeos/por bretemasDesque visitei Paraty en 2004 sempre pensei que a literatura galega ten que buscar un xeito de participar na FLIP. Repasando o programa de actividades deste ano, as referencias na prensa brasileira, a relación de escritores homenaxeados e de autores e autoras participantes das diversas edicións conviría que fixeramos un esforzo por abrir alí unha fenda de visibilidade. Ben sabemos que as feiras internacionais do libro non son o único espazo de proxección internacional. A FLIP é un festival literario, onde autores e lectores poden atoparse ocupando toda unha fermosísima cidade empedrada de carácter colonial. O esforzo e a intelixencia de acudir á FLIP de Paraty (os organizadores son xente ben xeitosa), sei que pagaría a pena neste proceso de saída da literatura galega cara fóra. Ademais, o de Paraty é un modelo de promoción literaria que ben podería ser emulado en Galicia. Imaxinamos o que podería ser o Festival Literario Internacional de Compostela?
Pó dos livros
/en Book_trailer, Librarías, Portugal, Publicidade, Vídeos/por bretemasTirado de Blogtailors.
Novas da Xunta, de novo xuntas
/en Medios, Política/por bretemasUnha moi boa noticia que non debe pasar desapercibida: o espazo Novas da Xunta de Galicia volve recoller a información de todos os membros do Goberno galego. Tras varios anos de comportamento bipolar, abenzoamos decisión tan sensata.
Repensar as feiras do libro
/en Eventos, Librarías/por bretemasRematada a Feira do libro de Vigo, onde tivemos un importante número de presentacións e asinaturas, é inevitable reflexionar sobre o futuro deste tipo de eventos. É a primeira sensación que teño é de decepción: cada ano diminúe máis o número de expositores (nesta edición en Vigo non se acadou a trintena de casetas, cando houbo edicións nas que se montaron case cincuenta) e de visitantes (o que previsiblemente supón un descenso nas vendas). Un síntoma inequívoco (como tamén puidemos comprobar na pasada Feira de Compostela) de que tal como están organizadas as actuais Feiras do Libro en Galicia non chaman, nin aos lectores habituais (que prefiren visitar a súa libraría de referencia, onde teñen todo o fondo dispoñible) nin tampouco aos lectores ocasionais (ese “público de paso” ao que se quere conquistar sacando o libro á rúa). Diante dun devalar tan evidente, os organizadores (a Federación de Libreiros de Galicia), as institucións públicas que os apoian (a Consellaría de Cultura e Deporte e as concellarías de Cultura dos concellos respectivos), como as entidades profesionais que colaboramos nestes eventos (especialmente os editores) deberiámonos sentar con vagar a repensar como refundar este modelo (exitoso noutras cidades, como é o caso de Madrid). Estudar novas ubicacións, novos programas e tipo de actividades, novas ofertas comerciais máis atractivas para o público semella que non é unha tarefa difícil. Con todo, creo que a maior carencia das feiras en Galicia reside na escasísima promoción e visibilidade na vida cidadá e nos medios de comunicación. Facendo un esforzo publicitario e cos medios (practicamente inexistente na feira viguesa) podería conseguirse un aumento do número visitantes e un maior pulo. A proposta e a nosa total dispoñibilidade para desenvolvela queda aí.
Library of Congress
/en Lectura, Publicidade, Vídeos/por bretemas
Library of Congress – Read from ZorroFX on Vimeo.
Vía: Unha lagoa de libros.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.
- Sortes e resortes do ano novo31 de Decembro de 2024 - 10:07 a.m.
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.