"Saudar a vida", crónica da presentación
/en Autores, Ensaio, Presentacións, Xerais/por bretemasApoia Cultur.gal
/en Eventos, Promoción do libro/por bretemas
Podes axudar a difusión de Culturgal, a Feira do Libro e da Industria Cultural, na rede colocando na túa web o blog un bánner de apoio á nosa iniciativa.
Blog das bibliotecas escolares
/en Bibliotecas, Blogs/por bretemas
Botou andar o blog da asesoría de bibliotecas escolares. Pode atoparse moita información, recursos e enlaces a blogs de bibliotecas escolares e outros espazos relacionados coa lectura. Un punto de referencia. Recoméndoo vivamente.
25 de abril
/en Efemérides, Vídeos/por bretemasBiblioteca "La lengua de las mariposas"
/en Autores, Bibliotecas/por bretemas
El Ballestero, un concello de apenas cinco centos habitantes da provincia de Albacete, decidiu poñerlle á súa biblioteca pública o nome de “La lengua de las mariposas“. Os membros do clube de lectura desta biblioteca rebelde (conta con máis socios ca habitantes) deste pobo manchego, nevado con frecuencia en inverno e onde a figura máis temida é o cazador valenciano, quixeron con esta iniciativa recoñecer o compromiso e a valía literaria de Rivas.
O pasado día 17, Manolo acudiu a El Ballestero para descubrir a fermosa placa, realizada por unha ceramista, na que quedou gravada a máis fermosa metáfora sobre a escola republicana. Rivas contoume con excitación a experiencia da súa tarde manchega, na que, ademais, presentou Os libros arden mal e falou das trampas da cultura: “Dende que fun alí, teño un segundo Macondo. Hei volver a El Ballestero.”
Outra iniciativa a emular en Galicia: nomear as nosas bibliotecas con títulos das nosas obras literarias ou co nome dos nosos autores e autoras. Afortunadamente, cónstanos que xa existe a Biblioteca Municipal “Xabier P. Docampo” de Cambre.
Decideixo decidir
/en Efemérides, Imaxes, Internet, Política/por bretemas
Sant Jordi non son é a festa do libro e da rosa. Son tamén numerosos os postos que promoven iniciativas políticas e cívicas coma “Decideixo Decidir” ou esoutra do puntCat.
O pan de Sant Jordi
/en Efemérides, Gastronomía, Imaxes/por bretemas
Cada díada ten o seu pan ou o seu pastel.
Así os panadeiros e pasteleiros cataláns apoian a xornada e (semella) fan un bo negocio. Aos ingredientes tradicionais do pan, ao de Sant Jordi, engádenlle sobrasada (para representar as catro barras da senyera, queixo e noces para a cobertura exterior. Como sería o pan das letras galegas? Un reto para os nosos panadeiros e pasteleiros.
Sant Jordi 2007
/en Efemérides, Eventos, Imaxes, Promoción do libro/por bretemas
Algunhas imaxes do Sant Jordi 2007. A Libraría Sargadelos puxo con éxito á venda os libros galegos. Teresa Moure (compartindo mesa con Vila-Matas) e Manuel Rivas asinaron exemplares das súas obras máis recentes (sobre todo en catalán). Unha mobilización lectora e da lingua catalana impresionante Unha festa de auténtica primavera para o libro.A presentación de Silverio
/en Autores, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemas
O venres á noite a presentación da novela de Silverio Cerradelo ateigou a Galería Sargadelos de Barcelona. Máis de oitenta persoas seguiron con atención emocionante as intervencións da profesora Sabela Labraña e do autor limiao. Un grande éxito, como o do resto das actividades desta semana das letras galegas que se ven desenvolvendo con motivo do Sant Jordi. Alí estaban Helena González, Manuel Mandianes, Xosé Lois García, Xesús González Gómez, Camilo Valdeorras, entre outros moitos membros da comunidade literaria galega en Barcelona, acompañando na súa estrea ao gañador do Terra de Melide 2006.Pola súa banda, Silverio Cerradelo, tras expresar a súa satisfacción polo desenvolvemento do acto, sinalou que era consciente que a súa novela era moi atrevida, tratándose da historia dun amor transgresor coa que quedara emocionalmente moi vencellado. Explicou que o seu xeito de escribir era reescribir, sobre todo grazas á enerxía que lle supoñía facelo en galego. “Para min isto é moi emocionante. Escribo en galego, sendo consciente do papel da nosa lingua, por razóns emotivas e afectivas”.
Tras unha lectura de varios parágrafos da novela por parte dun Silverio moi emocionado, abriuse unha quenda de intervencións. Entre elas, a profesora Helena González manifestou a súa ledicia pola presentación salientando “o erotismo absolutamente impactante da novela do Silverio”.
Unha presentación impactante e emocionante. Unha fermosa noite barcelonesa ás portas do Sant Jordi.
Actualización (29-04-2007): Entrevista con Silverio na Voz de Galicia.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.


















