Abril: mes dos libros
/en Efemérides/por bretemas
É unha auténtica marabilla este cartel de Patricia Castelao anunciando o mes dos libros que promove a Consellaría de Cultura. Esta ilustradora axigántase con cada novo traballo.O mundo de Camilo
/en Presentacións, Xerais/por bretemas
Os de Galicia confidencial publican hoxe unha crónica da presentación do pasado martes. Continuaremos o mes de abril en Vigo e na Coruña e, máis tarde, no mes de maio en Ourense e Pontevedra. A intervención e o libro de Camilo son unha chamada á responsabilidade do nacionalismo na construción do autogoberno con optimismo e esperanza.
Botelha ao mar
/en Autores, Blogs/por bretemas
Onte antes de comezar a presentación, Suso contoume a súa alegría pola volta á rede das súas Botelhas ao mar. Perdidas nun servidor foron recuperadas por un xeneroso e hábil lector que publicou sete delas en forma de blog. En realidade, estes textos, moi interesantes, constitúen un dos nosos antecedentes de prosa electrónica (publicábanse mensualmente) e a súa recuperación demostra que unha das funcións do formato blog é a de arquivo. A boa noticia das botelhas coincidiu, tamé, co peche das probas de Home sen nome, a novela (case catrocentas páxinas) que aparecerá na primeira semana de maio nas librarías galegas. Falaremos dela estes días, unha vez que traballemos os paratextos.
Calendario da Reforma Educativa
/en Educación/por bretemas
Somos moitos s editores educativos preocupados polo calendario de implantación dos novos currículos da LOE, na medida que esta cuestión, xunto co modelo de gratuidade, determina o noso traballo nos vindeiros anos.
A expensas da aprobación definitiva da lei no pleno do Congreso (seguramente durante o mes de abril) e a súa publicación definitiva no BOE (a finais dese mes) a información confidencial que coñecín hoxe establece o seguinte calendario:
- 2007-2008: 1º e 2º de Educación Primaria / 1º e 3º de ESO.
- 2008-2009: Educación Infantil (para acomodala aos programas de gratuidade en todas as CC.AA.) / 3º e 4º de Educación Primaria / 2º e 4º de ESO.
- 2009-2010: 5º e 6º de Educación Primaria.
Sen dúbida que este calendario determinará o ritmo de implantación do modelo definitivo de gratuidade, xa que todas as autoridades educativas consideran que debe ir parello ao dos novos currículos.
En relación á cuestión curricular a maior novidade será, sen dúbida, a incorporación das chamadas COMPETENCIAS BÁSICAS ou aprendizaxes consideradas claves ao remate do ensino obrigatorio.
Crónicas celestes
/en Celta de Vigo, Fútbol/por bretemas
Teñen xeito estas crónicas celestes publicadas no blo do fútbol galego. Coincido no fundamental da análise do partido de onte, sobre todo na valoración da calidade do xogo céltico de medio campo para adiante. É magnífico que se vaian incrementando as páxinas sobre fútbol en galego.
Máis feeds
/en Blogs/por bretemas
Aproveito o acougo da noite de día feriado para actualizar os meus feeds (acado os 128). Atopo páxinas novas que ata agora non visitara e que agora recomendo: Ourensalia; Sobre filloas, mel; Malo de aturar; Noite subsahariana; Trasalba, Ámote moito, Desorde e o espazo do meu amigo José Viale Moutinho, con quen compartín a pasada sexta feira un bo parrafeo. Non hai dúbida que a renovación do blogomillo está chegando dende as terras de Serenou.
Vigo romano
/en Historia, Vigo/por bretemasENBLOGS'06
/en Blogs, Eventos/por bretemas
Anúnciase a celebración de ENBLOGS’06, Encontro de blogs de Galicia e Norte de Portugal. Alí estaremos.
Máis sobre o relevo na Voz
/en Medios/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.







