Poema de hoxe 205: «Noiturno do adolescente morto» de Federico García Lorca
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
Poema de hoxe 205: «Noiturno do adolescente morto» de Federico García Lorca/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
Únome á lembranza que a Asociación Galega de Editoras fixo onte de Ánxel Casal con morivo do oitenta aniversario do seu asasinato. O editor, libreiro, impresor, tamén alcalde de Compostela, foi cuneteado en Cacheiras o 18 de agosto de 1936, o mesmo día que tamén o fora en Víznar Federico Garcia Lorca, autor dos Seis poemas galegos que Casal publicara un ano antes. Destino tráxico que o editor galego e poeta andaluz comparten na nosa memoria como referentes da dignidade fronte á barbarie fascista, mais tamén como construtores do futuro sobre os alicerces chantados pola cultura,os libros e a palabra.
Casal foi o primeiro editor galego moderno, capaz de crear un catálogo editorial na nosa lingua, primeiro na editorial Lar (1924), máis tarde na editorial Nós (1927), onde desenvolveu o proxecto editorial fulcral para a cultura galega do século XX. Co apoio da súa compañeira María Miramontes (outra figura, até agora, invisibilizada), Casal asumiu o papel do editor moderno como o de soporte e canle para a creación artística, como activista político da lingua e da causa galega, como aglutinador de vontades diversas do galeguismo, mais tamén como creador vangardista capaz de abrir vieiros inexplorados para a nosa cultura. Filosofía do proxecto editorial de Nós que Casal resumía, como recolleu Alfonso Mato, de xeito ben sinxelo:
«Pubricar todas aquelas obras que estando escritas na nosa fala contribuian de calquer xeito ao seu máis grande uso sin perder o tempo en disquisicións literarias inuteis. Nós pensa e así o praitica, que hoxe en galego hai que escribir de todo e para todos.»
Consonte a esta concepción editorial expansiva, sempre atento ao que pasaba no mundo, Casal pretendeu ampliar o público para o libro galego do seu tempo, ensaiando novos formatos de edición, utilizando a publicidade e as suscricións como as súas mellores ferramentas.
Figura poliédrica na sociedade do seu tempo, de quen Castelao dixo «que fixo máis que todos nós» pola causa galega, Ánxel Casal non recibiu, aínda, o recoñecemento que merece.
Poema de hoxe 24: «Madrigal a cibda de Santiago» de Federico García Lorca/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Federico García Lorca, Seis poemas galegos (Editorial Nós, 1935)
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).